O Concello asfaltará a rúa Pizarro, os laterais da Avenida de Madrid e os túneis de Plaza España e Martínez Garrido

martes, 9 set 2014

O alcalde avanzou esta mañá un investimento de 800.000 euros no asfaltado de catro zonas da "maior importancia" na cidade: rúa Pizarro, laterais da Avenida de Madrid e os túneis de Praza España e Martínez Garrido. Estas accións súmanse ao máis dun millón de euros que o Concello adicou este verán a asfaltar máis de 200 rúas no casco urbán e nas parroquias. <br />

O Concello inciará en setembro obras de humanización por máis de 5 millóns de euros

luns, 4 ago 2014

O goberno local iniciará en setembro obras de mellora en distintas zonas da cidade por un valor de máis de 5 millóns de euros. Ademais, tal e como explicou o concelleiro de Fomento, David Regades en rolda de prensa, de xeito inmediato comezarán obras por preto dun dous millóns de euros en no centro e nas parroquias, obras que se suman a outras xa en marcha e que ascenden aos 11 millóns.