Facenda
Zona Franca e APD selan un protocolo de colaboración para a II edición do Vigo Global Summit
venres, 20 xuñ 2025Trátase do primeiro acordo dunha alianza estratéxica entre ambas entidades que foi asinado hoxe en Vigo. A Asociación para o Progreso da Dirección apoiará a organización deste congreso económico, que volverá celebrarse en Vigo no mes de novembro.
Conxemar 2024 xerou un negocio de 847 millóns, un 5% da facturación do sector estatal
martes, 10 xuñ 2025Un informe elaborado por Zona Franca destaca que deses 847 millóns, 230 correspóndense con expositores galegos e cifra en 163 millóns o volume de negocio proxectado en Vigo e na súa área. As instalacións do Consorcio acolleron esta mañá a presentación das conclusións do estudo de impacto socioeconómico da última edición de Conxemar.
O PXOM prevé 15.000 vivendas de protección e duplicará as zonas verdes e instalacións deportivas
luns, 2 xuñ 2025A aprobación do novo planeamento urbanístico foi un dos fitos destacados polo alcalde de Vigo na presentación do seu balance de xestión. Este documento permitirá a construción de 15.000 vivendas sometidas a algún tipo de protección e duplicará as zonas verdes da cidade.
O Concello acolle a reunión de traballo do Tribunal de Contas e dos consellos de contas autonómicos
xoves, 22 mai 2025O alcalde saudou este venres aos membros do Tribunal de Contas e dos consellos de contas das comunidades autónomas que durante dous días celebran un encontro no consistorio. “Apreciamos o seu traballo; controlan as contas dos 8.132 municipios de España, e tiven a oportunidade de trasladarlles o financiamento claro e transparente do Concello”, que desde o ano 2011 ten débeda cero. Participan Navarra, Cataluña, Valencia, País Vasco, Andalucía, Canarias, Madrid, Illas Baleares, Castela-León, Asturias, Aragón e Castela A Mancha e Galicia.
O Concello reclama á Xunta unha valoración independente do financiamento do IFEVI
martes, 6 mai 2025O alcalde anunciou que se enviou unha carta ao conselleiro de Emprego ante a desconformidade coa valoración da Xunta, que se outorga 31,4 millóns e 1,6 ao Concello. “Tómanos o pelo”, dixo Caballero.
O Concello remata o primeiro trimestre do ano con 180 millóns en execución
luns, 28 abr 2025O concelleiro de Facenda tamén expuxo que se fixeron 1.147 pagos cun importe de 29,7 millóns de euros e que a media do pago a provedores é de 6 días.
Caballero asegura que Concello e Zona Franca non escatimarán esforzos para salvar Conxemar
mércores, 23 abr 2025“Concello e Zona Franca salvarán Conxemar e o Ifevi a pesar de ser unha competencia da Xunta de Galicia” dixo hoxe o alcalde. Insistiu na importancia de acometer a ampliación do recinto para salvagardar o futuro de Conxemar.
O Concello pagou aos provedores en 6,55 días de media no mes de febreiro
luns, 3 mar 2025O alcalde deu conta este luns dos pagamentos realizados polo Concello no mes de febreiro que sumaron un total de 11.328.0000 euros. Amais, explicou que desde o 10 de marzo haberá dez pistas de tenis operativas en Samil.
O Concello sanciona a Ryanair con 17.400 euros polo incumprimento do contrato
venres, 31 xan 2025A aeroliña modificou unilateralmente o cadro de voos dos meses de xullo e setembro da ruta a Londres, pasando de 3 a 2 frecuencias semanais. O Concello ten aberto outro expediente sancionador por contravir os acordos para a promoción turística.