martes, 7 feb 2023
O alcalde deu conta este martes do cálculo estatístico realizado polo persoal municipal, unha vez revisada a terceira parte das solicitudes presentadas polas familias para recibir a bolsa de libros.
luns, 6 feb 2023
Abel Caballero mantén este luns unha reunión cun grupo de profesores e profesoras de alemán da cidade para abordar a posibilidade de estender o programa de bolsas de inglés a alumnado do idioma xermano.
venres, 3 feb 2023
Máis de 320 alumnos e alumnas de 9 centros educativos coñecerán co club AMFIV o baloncesto en cadeira de rodas e as experiencias dos deportistas co obxectivo de normalizar desde a adolescencia a discapacidade.
venres, 3 feb 2023
O alcalde informou este venres do peche do prazo de solicitude da axuda de 205 euros por nena ou neno escolarizado en ensino obrigatorio de Primaria e Secundaria na cidade e felicitou ao persoal municipal polo traballo realizado.
mércores, 1 feb 2023
O Verbum volve ser o lugar elixido polo Concello para conmemorar o “Día da muller e da nena na ciencia”. Co obxectivo de achegar ás máis pequenas ao ámbito científico, organizaranse o día 10 de febreiro relatorios e obradoiros científico-tecnolóxicos.
luns, 30 xan 2023
Segundo informou o alcalde este luns, a día de hoxe o Concello ten rexistradas 15.226 axudas para libros de texto, “das que algunhas son de máis de un neno ou nena”.
luns, 23 xan 2023
O rexedor mantivo un encontro este luns con grupo estudantes italianos da cidade de Sassuolo, en Módena, do prestixioso instituto ITCG Alberto Baggi, que se atopan na cidade convivindo con alumnado do colexio Mª Inmaculada Carmelitas en Pi y Margall. A visita enmárcase no programa Erasmus e que se desenvolve baixo o título "Sensibilidade, multicultural e crecemento profesional: obxectivos desafiantes". O alcalde animounos a pasear pola cidade e coñecer tódalas posibilidades que existen.
venres, 13 xan 2023
O alcance avanzou o visto bo definitivo do Consello da Xerencia de Urbanismo aos proxectos de urbanización dos polígonos 1, 2A e 2B do Plan Parcial de San Paio de Navia. Será na sesión do vindeiro martes, 17 de xaneiro.
martes, 10 xan 2023
O alcalde achegouse esta mañá ao Ceip Igrexa Candeán onde participou en “Actívate” unha actividade matinal novidosa chamada que consiste en facer unha coreografía grupal antes de entrar ás clases, ás 09,00h. Antes, o rexedor visitou as instalacións do colexio acompañado da directora do mesmo, Asunción Portela.
martes, 10 xan 2023
Xa son 11.000 as solicitudes de axudas de libros habilitadas polo goberno local para o alumnado que cursa ensino obrigatorio. A maior parte destas peticións tramitáronse por vía telemática e o prazo segue aberto ata o próximo 2 de febreiro.