mércores, 22 feb 2023
A moción socialista, defendida pola concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, insta ao goberno autonómico a aprobar un Plan de Choque urxente que permita o acceso dos maiores a unha praza nunha residencia pública. Saíu adiante co apoio do resto de grupos agás o PP, que se abstivo.
luns, 20 feb 2023
O goberno local e a Fundación para a pesca e o marisqueo cooperarán na posta en marcha dos campamentos de verán Vigo pesqueiro. Este mesmo ano, o Concello financiará actividades de conciliación familiar que incluirán obradoiros e visitas a bancos marisqueos, visitas a estaleiros ou obradoiros de cociña.
venres, 17 feb 2023
Abel Caballero visitou este venres as instalacións do centro educativo, situado en Coia, onde coñeceu de primeira man os disfraces que o alumnado e o profesorado do centro preparou para celebrar o Entroido. O rexedor valorou a creatividade da comunidade educativa e a ilusión das nenas e nenos por participar nesta festa.
venres, 17 feb 2023
O Concello retoma o programa de becas para os alumnos e alumnas da Escola Oficial de Idiomas. Serán un total de 100 para unha inmersión lingüística de dúas semanas que inclúe a viaxe, o aloxamento e un curso homologado.
venres, 17 feb 2023
O goberno local deu luz verde á renovación do convenio de colaboración coa ludoteca de APAMP á que aporta 24.500 euros. Caballero deu conta, ademais, da concesión de 716 axudas de emerxencia no que vai de ano o que beneficiou a 2.000 persoas.
martes, 14 feb 2023
O Concello abrirá a principios de marzo a convocatoria para participar na próxima edición de “Vigo en inglés”. Serán 900 os estudantes que gocen da súa estadía en inmersión lingüística no mes de setembro.
luns, 13 feb 2023
O alcalde avanzou que hoxe e mañá realizarase a entrega de diplomas do programa municipal de inmersión lingüística “Vigo en inglés”, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.
mércores, 8 feb 2023
O grupo de estudantes de Primaria do centro Eleven School presentáronlle ao rexedor unha proposta para a remodelación da Panificadora que inclúa skate e deporte urbano entre a súa oferta de ocio. Abel Caballero avanzoulles que no proxecto de rehabilitación no que traballa o Concello contémplase a disposición de salas para a mocidade, o deporte e as disciplinas deportivas urbanas e instounos a artellar novas propostas relacionadas co financiamento da actuación, polo que quedaron emprazados a un novo encontro.
martes, 7 feb 2023
Súmanse ás de inglés, que achegan cada ano ao redor de 900 rapaces e rapaces a Reino Unido e Irlanda para mellorar as habilidades lingüísticas neste idioma. Tras unha xuntanza co profesorado de alemán e francés da cidade, o goberno local porá tamén en marcha as becas para achegar ao alumnado a Francia e Alemaña.
martes, 7 feb 2023
O alcalde saudou aos estudantes que esta mañá se concitaron no Auditorio Mar de Vigo para participar no II Foro de talento e emprego que se desenvolverá ata o xoves 9 de febreiro. Organizado pola Fundación Mentor, o congreso está concibido como un punto de encontro entre empresas e estudantes que buscan un primeiro emprego e un espazo de diálogo sobre o acceso ao mundo laboral. Un dos obxectivos principais do Foro é achegar distintos perfís profesionais para dar a coñecer a diversidade de empregos que existen na realidade, máis alá dos convencionais.