luns, 14 mar 2005
Segundo o acordo aprobado pola Xunta de Goberno Local, a consellería de Familia, Deporte e Voluntariado aportaría unha cantidade de 329.000 euros para a creación dunha gardería infantil na rúa Palencia do Calvario.
mércores, 2 mar 2005
O prazo de inscrición nos colexios públicos para os alumnos que o solicitan por primeira vez comeza o 16 de marzo e extenderase ata o 16 de abril. Os alumnos que xa estean matriculados e desexen reservar a súa praza para o vindeiro ano poden facelo xa mesmo e ata o próximo 10 de marzo.
martes, 15 feb 2005
O concelleiro de Educación pretende visitar tódolos centros públicos da cidade para participar dunha xornada con eles e valorar as súas necesidades.
mércores, 9 feb 2005
O Servizo de Educación distribuirá o CD-ROM "Esta é a miña cidade", elaborado no IES San Tomé de Freixeiro con fins didácticos. O obxectivo deste material é achegar información sobre a realidade de Vigo para fomentar a súa conservación e mellora.
luns, 7 feb 2005
Os consellos escolares de Vigo disporán de 339.000 para xestionar directamente as obras de mantemento ordinario dos centros de educación infantil e primaria en 2005, segundo aprobou o luns a Xunta de Goberno local.
martes, 14 dec 2004
As visitas guiadas ao Verbum, organizadas dende distintos departamentos do Concello de Vigo, levaron xa a 276 escolares e 454 maiores dende o mes de outubro. Estas actividades proseguirán tralo parón do nadal.
mércores, 1 dec 2004
As ludotecas municipais abrirán polas mañás entre as 10,30 e as 13,30 horas debido ás vacacións de Nadal. As ludotecas teñen previsto un amplo programa para estas datas, tales como a creación dun belén, a elaboración de adornos e postais e outras actividades do nadal.
luns, 29 nov 2004
O proxecto piloto deste novo curso on-line destinado a novos emprendedores será gratuíto e os seus organizadores desexan unha boa resposta da xente para acada-la súa consolidación.
luns, 22 nov 2004
A sexta edición do Pleno Infantil celebrouse hoxe no Concello coa intervención de alumnos de 5º e 6º de Primaria dos colexios Caixa Aforros, CEIP Igrexa-Valadares, Escola Martín Códax, CEIP Ría de Vigo e o colexio Salesianos, ademais do CEP Seis do Nadal.
venres, 12 nov 2004
A invitación respondeu a un agasallo dos alumnos, que lle mandaron uns retratos debuxados por eles mesmos con motivo da visita da alcaldesa ao colexio na inauguración do curso escolar.