Exposición de Lugrís na Fundación Caixa Galicia

luns, 22 set 2003

A Fundación Caixa Galicia acolle unha exposición coas obras de Urbano Lugrís pertencentes a súa colección de arte e que permanecerá na cidade ata ó 31 de outubro. A exposición conta coa colaboración da Concellería de Cultura e amosase na sede da Fundación de Vigo (Policarpo Sanz, 31),

Cultura potencia un plan municipal de lectura

mércores, 17 set 2003

O concelleiro de Cultura,Santiago Domínguez presentou o Plan Municipal de lectura 2004-2007, tendente á potenciación e animación da lectura na nosa cidade como eixo fundamental do achegamento de tódolos cidadáns á información e á propia cultura.

Galicia, un País no Mundo

venres, 12 set 2003

O concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez Olveira e o director do Igadi ( Instituto Galego e Documentación Internacional), Xulio Ríos presentaron os actos que se celebrarán o próximo mércores en Vigo con motivo do 70 Aniversario do recoñecemento internacional de Galicia como unha nacionalidade.

Exposición de Lugrís na Fundación Caixa Galicia

mércores, 10 set 2003

A Fundación Caixa Galicia inaugura o 11 de setembro, ás 20:00 horas, na súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 31), unha exposición coas obras de Urbano Lugrís pertencentes a súa colección de arte que permanecerá na cidade ata ó 31 de outubro.

O Museo do Mar convoca bolsas á producción artística

martes, 9 set 2003

O Museo do Mar convoca, dentro do ciclo "A Mares", un certame de "Nova Creación Visual" dotado cun presuposto de 30.000 euros. Os proxectos seleccionados formarán parte da exposición "Olladas oceánicas", que se inaugurará no Museo o 19 de novembro de 2003, centrada na creación plástica galega desde o movimento Atlántica á actualidade.