Escoitar

O MARCO de Vigo e o CGAC de Santiago, presentes na exposición de arte contemporáneo na España da Constitución

O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo e o CGAC de Santiago estarán presentes na exposición "Museo de Museos. 25 museos de arte contemporáneo na España da Constitución " que se presenta o día 3 de decembro, no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Na presentación estarán Luis Miguel Enciso, presidente da Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales e os comisarios, Juan Manuel Bonet e Kevin Power, ademáis dos directores dos museos e centros de arte incluidos na mostra.

martes, 2 dec 2003
1070363607marco.jpg
MARCO
A exposición, que ven conmemora-lo vixesimoquinto aniversario da Constitución Española, está organizada polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales e o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Nela estarán representados a través da súa colección, política de exposicións e edificios, un total de 25 museos ou institucións de arte contemporánea que viron á luz ó longo dos últimos 25 anos.

De cada un das coleccións foron seleccionadas 25 obras. Respecto ó edificio, amosarase unha maqueta, no caso de que exista, ou, no seu lugar, unha imaxe representativa da sede, e no caso dos museos en proceso de ampliación, incluirase documentación a propósito da mesma.

A exposición poderá ser visitada ata o 20 de febreiro de 2004.
Descargar todas as imaxes