mércores, 3 decembro 2003

Vigo contará con seis novos autobuses accesibles para discapacitados

O Concello de Vigo colaborará na adquisición de seis autobuses estándar para a promoción da accesibilidade no transporte urbano. A concelleira de Benestar Social , Belén Sío, deu conta desta adquisición froito da adhesión da Corporación Local de Vigo ao convenio de colaboración subscrito polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a Federación Española de Municipios e Provincias.

Concerto do ciclo de intérpretes internacionais

mércores, 3 dec 2003

O xoves, 4 de decembro ás 8,30 da noite, vai ter lugar o terceiro concerto do "XVII ciclo de interpretes internacionais" que organiza Xuventudes Musicais de Vigo coa colaboración do Conservatorio Superior de Música de Vigo e patrocinado pola Concellería de Cultura. No auditorio "Martín Códax" do Conservatorio actuará o dúo de violoncello e piano formado por Isabel Figueroa Lorenzo (violoncello)e Severino Manuel Ortiz Rey (piano) que interpretarán un programa con obras de Beethoven, Johannes Brahms e Sergei Prokofiev. Entrada será con carácter aberto e gratuito para todos.

Noites Vivas amplía as actividades ao Museo do Mar

mércores, 3 dec 2003

A consellería de Xuventude ven de asinar un convenio co Museo do Mar de Galicia polo que os mozos e mozas de Vigo poderán visitar a exposición "Olladas oceánicas" as noites dos días 12,13,19 e 20 de decembro. O convenio asinouse no marco da programación das Noites Vivas que organiza a Concellería de Xuventude.