xoves, 4 decembro 2003

Inauguración do alumeado de Nadal <br />

A Concellería de Turismo e Comercio e as asociacións de comerciantes da cidade porán en funcionamento o alumeado do Nadal 2003 o vindeiro día 5 de decembro, ás 20.00h. A Concelleira de Turismo e Comercio en funcións, María Xosé Porteiro, acompañada pola Presidenta de FECOVI, Encarna Alvarez, e os Presidentes das Asociacións de Comerciantes de Teis, Travesas, Bouzas, Calvario, Príncipe, Zona Centro e Casco Vello procederán á inauguración do alumeado, realizando un percorrido polas prinicpais rúas do centro da cidade.

O humorista gráfico Fernando Quesada lerá o bando do día da Constitución

xoves, 4 dec 2003

O recoñecido humorista gráfico Fernando Quesada Porto será o encargado de ler o bando do día da Constitución que se celebrará no Pazo de Castrelos as doce da mañá do próximo sábado día 6. O acto, que este ano conmemora os 25 anos de vida da Carta Magna, contará coa presencia de representantes políticos e sociais significativos da cidade, así como coa Banda de Música de Valladares. Durante a presentación do acto, o Alcalde en funcións de Vigo, Ventura Pérez Mariño, destacou a relevancia desta conmemoración calificando a Constitución como o mellor monumento á concordia na sociedade e como o marco no que todos temos cabida.

Máis de 10 mil persoas asistiron os concertos de música ARE-MORE

xoves, 4 dec 2003

Mais de dez mil persoas asistiron aos concertos que está a celebrar o festival de Música de Vigo Are More segundo os datos presentados hoxe en rolda de prensa polo concelleiro de Cultura, Xose Carlos Arias e o director do Festival, Roberto Relova. O festival celebrase ata o próximo día 19 de decembro e desenvolvense baixo o título xenérico "Os mil mares de Vigo".

"A voz humana" chega ao Are More

xoves, 4 dec 2003

"A voz humana" é o título da representación que o ciclo de música Are More programa para o venres, día 5,no cine Fraga Caixa Galicia a partir das 20.30 horas. Ópera nun acto de Francis Poulenc , con libreto de Jean Cocteau e interpretada pola soprano Carmen Gurriarán acompañada ó piano de Francisco de Borja Mariño. Alfonso Romero Mora é o director de escena e iluminación e Adrián Antonio Gasparello é o encargado da escenografía.

O Alcalde visita as instalacións municipais do Corpo de Bombeiros

xoves, 4 dec 2003

O Alcalde en funcións de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou hoxe as instalacións municipais dos bombeiros de Balaídos e Teis para transmitirlle aos efectivos a súa gratitude polo traballo desenvolvido por este corpo ao longo destes meses de mandato. Acompañado polo concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, Pérez Mariño explicoulle a estes traballadores do Concello de Vigo que neste tempo de Goberno sentiu en todo o momento o apoio do funcionariado. <br />

I Gala Anual do Comercio

xoves, 4 dec 2003

O Centro Cultural Caixanova acolle a I Gala Anual do Comercio, patrocinada pola Concellería de Comercio, Caixanova e maila Consellería de Innovación Industria e Comercio.O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, pechará este acto, no que se espera a asistencia de máis de 400 comerciantes, así como a actuación do grupo de música celta AVALON.