venres, 5 decembro 2003

O Concello deseñará un Plan Integral de Xuventude a nivel local

A Unión Europea ven de aprobar a cofinanciación do proxecto de dinamización de participación xuvenil de Vigo que presentou a Concellería de Xuventude. Belén Sío , titular de xuventude do Concello, manifestou que o proxecto ten como finalidade deseñar un Plan Integral da Xuventude a Nivel Local que ten un orzamento total de 153.846 euros e un prazo de execución ata o 2005.

Máis de 70 mil persoas visitaron o MARCO no que vai de ano

venres, 5 dec 2003

O Concelleiro de Cultura, Xosé Carlos Arias e a directora do Marco, Carlota Álvarez Basso, presentaron o avance da programación que o Museo de Arte Contemporáneo ten prevista para o vindeiro ano. Exposicións de arte, fotografía, deseño ,vídeo e ilustración de libros infantís centran a idea do programa.A presentación da nova programación tamén serviu para facer balance do ano que remata e que arroxa un balance de visitas ao MARCO de máis de 70 mil persoas. O número global de programas e actividades postos en marcha durante este ano foi de 31.

O Alcalde descubre no Concello unha placa que conmemora a labor dos voluntarios do Prestige

venres, 5 dec 2003

O Alcalde de Vigo en funcións, Ventura Pérez Mariño, destacou hoxe a importancia do traballo que desenvolven os voluntarios e agradeceulles a entrega coa que se prestan a colaborar sen máis compensacións que o sentirse útiles. Pérez Mariño fixo estas declaracións minutos antes de descubrir unha placa situada na lonxa do Concello que conmemora a entrega coa que case 11.000 persoas traballaron desinteresadamente para paliar os efectos do "Prestige".

Castrelos celebra o "día do Marqués"

venres, 5 dec 2003

Quince centros de ensino da cidade participarán no programa de actividades de divulgación do museo de Castrelos que terá lugar entre os días 9 e 14 de decembro con nome "Día do Marqués". As actividades queren conmemorar que o 12 de decembro de 1924 o Marques de Alcedo asinaba en París a doazón do seu pazo de Castrelos á cidade de Vigo coa condición , entre outras, de que se adicara a museo.