martes, 2 decembro 2003

O alcalde visita o centro de educación especial Saladino Cortizo

martes, 2 dec 2003

O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou hoxe as instalacións do centro de Educación Especial Saladino Cortizo para interesarse polo traballo diario que desenvolven os noventa alumnos deste colexio. Pérez Mariño, que ademais de reunirse cos profesionais do centro e fixo un percorrido polas distintas aulas, asegurou que a sociedade debe concienciarse para prestarlle máis apoio á xente con maiores necesidades e explicou que centros como o Saladino Cortizo fan posible a integración de persoas con algún tipo de diminución e axuda.

Entrega do "premio de integración de discapacitados", ano 2003

martes, 2 dec 2003

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, entregará o premio de integración de discapacitados deste ano a Alcampo Vigo 2 , como empresa pioneira na integración das persoas con discapacidade. O acto terá lugar o mércores ás 19 horas na galería da alcaldía e coincide co "Día Internacional das Persoas con Discapacidade".

O MARCO de Vigo e o CGAC de Santiago, presentes na exposición de arte contemporáneo na España da Constitución

martes, 2 dec 2003

O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo e o CGAC de Santiago estarán presentes na exposición "Museo de Museos. 25 museos de arte contemporáneo na España da Constitución " que se presenta o día 3 de decembro, no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Na presentación estarán Luis Miguel Enciso, presidente da Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales e os comisarios, Juan Manuel Bonet e Kevin Power, ademáis dos directores dos museos e centros de arte incluidos na mostra.