Escoitar

Entrega do "premio de integración de discapacitados", ano 2003

A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, entregará o premio de integración de discapacitados deste ano a Alcampo Vigo 2 , como empresa pioneira na integración das persoas con discapacidade. O acto terá lugar o mércores ás 19 horas na galería da alcaldía e coincide co "Día Internacional das Persoas con Discapacidade".

martes, 2 dec 2003
Dende hai cinco anos o Concello de Vigo, a través da Concellería de Benestar Social, entrega-los premios de integración de discapacitados a aquelas persoas, entidades ou empresas que máis tiñan traballado a prol da integración das persoas con discapacidade. O premio consiste nunha placa cunha inscrición que recoñece esta labor desenvolvida e que é entregada pola Concelleira de Benestar Social.

As propostas dos candidatos ó premio as realizan as asociacións de persoas con discapacidade que integran el Gabinete Técnico de Accesibilidade e tras unha votación elíxese o premiado.

Este ano, tras ese proceso, concedeuse á empresa ALCAMPO VIGO 2, no nome do seu director, D. Marcelino Pastor González, como empresa pioneira na integración das persoas con discapacidade, garantindo o trato equitativo destas persoas en materia de emprego. Nestes momentos esta empresa ten contratadas dúas persoas con síndrome de Down e unha con atraso intelectual. Por ausencia do director, recollerá o premio Carlos Martull, director de Recursos Humanos da citada empresa.

Os premios non – integración que son, a outra cara da moeda, queren ser unha chamada a un cambio de mentalidade no tema da accesibilidade, facendo unha mención especial ós responsables do Campus Universitario así como ás salas de cine desta cidade que non subtitulan as películas coas dificultades que esto trae ó colectivo das persoas xordas.

A entrega do premio realizarase o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade", e ó acto están convidados ademais dos premiados, a Corporación Municipal, as asociacións de discapacitados da cidade, os membros do Gabinete Técnico de Accesibilidade, entre outros.