Escoitar

Arias de Concerto de Mozart

O cine Fraga CaixaGalicia acolle un novo concerto do ciclo de música clásica ARE MORE que organiza a concellería de Cultura. A partir das 21 horas do día 2 de decembro o concerto estará a cargo da soprano María José Moreno a Massimo Spadano, director, acompañados pola Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia.

luns, 1 dec 2003
1070287817interprete29.jpg
María José Moreno
Programa do Concerto

I PARTE

Luigi Boccherini (1743-1805)
Overtura de La Clementina

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
Aria de Concerto K 369:
Misera, dove son?...Ah! non son io che parlo
Aria - Recitativo e Aria

Ludwig van Beethoven (1770-1827)
Romanza nº1 para violín e orquestra

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
Aria de Concerto K 272:
Ah, lo previdi… Ah, t'invola agli occhi miei
Aria - Recitativo e Aria

II PARTE

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
Allegro molto del Divertimento nº11
en Re major K 271

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
Aria da Concerto K 383:
Nehmt meinen Dank, ihr holden Gönner

Ludwig van Beethoven (1770-1827)
Romanza nº2 para violín e orquestra

Wolfgang Amadeus Mozart(1756-1791)
Aria de Concerto K 418 :
Vorrei spiegarvi, oh Dio!

María José Moreno

Nace en Granada, e desde moi nova reside en Madrid, cidade onde estudiou Canto cos profesores Ramón Regidor e José Luis Montoliú. Comeza a súa carreira en 1996 interpretando Dido and Eneas, de Purcell. En 1997 gaña o "Concurso Viñas", xunto cos Premios do público e ó mellor cantante español. En 1999 a crítica especializada de Barcelona concédelle o premio de "Cantante revelación" pola súa interpretación de Adina en L´Elisir d´Amore, na tempada do Liceu.

Canta nos principias teatros españois e con directores como Peter Maag, Julius Rudel, J. López Cobos, Alberto Zedda, Victor Pablo Pérez, García Navarro, Richard Bonynge, Ros Marbá, Frans Bruggen, Rinaldo Alessandrini, Marco Armiliato, G. Carella, S. Ranzani, R. Rizzi Brignoli.

Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia

Naceu en 1995 como unha iniciativa da propia orquestra sinfónica galega. Desde entón, e baixo a dirección artística do violinista italiano Massimo Spadano, esta agrupación camerística, nútrese de músicos do conxunto orquestral que, en moitas ocasións, actúan como solistas nos concertos de abono da Sinfónica de Galicia.

Intenta cubrir o espacio da música para pequena orquestra que a programación da OSG non pode atender. Centrada na música do Barroco e o Clasicismo, non esquece o Romanticismo e algunhas incursións na música do s. XX. A Orquestra de Cámara da O.S.G. achégase respetuosamente ás formas de interpretación barrocas e clásicas aínda que servidas coa prefección técnica dos instrumentos actuais. A agrupación participa en todas as edicións do "Festival Mozart", no "Festival de León", en Oviedo, na última edición da "Quincena Musical Donostiarra", e na inauguración de varios festivais en Galicia, intervindo ó lado de artistas como María José Moreno, Fabio Biondi, Marta Almajano, etc.

Massimo Spadano

Naceu en Lanziano, Italia. Conseguíu o Diploma "cum laude" do seu país. Máis tarde obtivo o Diploma de solista na Universidade de Utrech, baixo a guía de Víctor Libermann y Philippe Hirschhorn.

Foi membro da "Eurepean Community Youth Orchestra". Concertino e solista en distintas formacións coas que actuou nas máis importantes salas de Europa, U.S.A., Sudamérica, Asia, África e Oriente Medio.

Actuou en festivais e tempadas de Berlín, Salzbourg, Milán, París, Madrid, Roma, Montpellier, Wiesbaden, Amsterdam, Florencia, Barcelona, Munich, Napflion… con Viktoria Mullova e con Katia e Marie Labeque , Alessandro Baricco e Gerard Depardieu.
Descargar todas as imaxes