venres, 15 xuñ 2007
O sábado 16 de xuño remata o ciclo Imaxina na Rúa coa actuación da Escola das Artes de Brión. Con esta iniciativa, o festival Imaxina Sons quixo amosar o jazz que se está a facer nas escolas de Galicia e norte de Portugal, implicadas na ensinanza de tan atractiva disciplina musical.
mércores, 13 xuñ 2007
O Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" e o Departamento de Cultura do Concello organizan unha exposición de reloxos dos séculos XVIII, XIX e XX baixo o título "Admirar o tempo". A mostra, que se inaugura este mércores ás 20.00 horas, poderase visitar no Pazo de Castrelos ata o 14 de setembro.
mércores, 13 xuñ 2007
A Concellería de Cultura patrocinará cunha achega de 8.000 euros a Feira do Libro Novo de Vigo, que terá lugar na Praza de Compostela do 29 de xuño ao 6 de xullo. Esta cantidade, 2.000 euros máis que en 2006, destinarase á inserción de publicidade da Concellería nas casetas e no material de difusión das actividades da Feira.
mércores, 13 xuñ 2007
El Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León" y el Departamento de Cultura del Ayuntamiento organizan una exposición de relojes de los siglos XVIII, XIX y XX bajo el título "Admirar el tiempo". La muestra, que se inaugura este miércoles a las 20.00 horas, se podrá visitar en el Pazo de Castrelos hasta el 14 de septiembre.
mércores, 13 xuñ 2007
La Concejalía de Cultura patrocinará con una aportación de 8.000 euros la Feria del Libro Nuevo de Vigo, que tendrá lugar en la Plaza de Compostela del 29 de junio al 6 de julio. Esta cantidad, 2.000 euros más que en 2006, se destinará a la inserción de publicidad de la Concejalía en las casetas y en el material de difusión de las actividades de la Feria.
martes, 12 xuñ 2007
Como complemento ao grueso da súa programación nos seus escenarios habituais, o Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS'07 presenta o ciclo de concertos JAZZ NA NOITE, que terá lugar nos diferentes clubes vigueses que habitualmente ofertan jazz.
martes, 12 xuñ 2007
A Casa Galega da Cultura acolle ata o próximo 8 de xullo a exposición de pintura, ecultura e gravado "Encontros", que reúne obras de Xosé García Albeos, Mario Hortas e Antonio Días Pedreira. Os tres teñen en común que son médicos.
Un grupo de profresores do Conservatorio de Vigo viaxa ao París de entre guerras<br />
As invitacións poden retirarse na Casa das Artes o mesmo día do concerto
luns, 11 xuñ 2007
O martes, día 12 de xuño, ás 21.00 horas, a Casa das Artes de Vigo acollerá un recital do grupo Ensemble Poulenc, unha actividade organizada con motivo da exposición dedica á pintora Tamara de Lempicka que se enmarca dentro de Xeración 2000+7, o ciclo de xóvenes intérpretes musicais que organizan a Concellería de Cultura . O aforo é limitado por cuestións técnicas a 100 persoas, e a entrada será mediante invitación que se poderá retirar na propia Casa das Artes, cun máximo de 4 por persoa, a partir das 18,00 horas do martes. O acceso de público comezará ás 20,30 horas.
venres, 8 xuñ 2007
O ciclo Imaxina na Rúa, uhna iniciativa de Imaxina Sons que pretende achegar o jazz á rúa, continúa o sábado 9 de xuño coa actuación dos grupos da escola viguesa Proxecto Combo.
venres, 8 xuñ 2007
Coincidindo coa inauguración da exposición "Novos Horizontes. Artistas contemporáneos de Francia", e como actividade complementaria destas mostra, Cineclub Lumière, Alianza Francesa e o MARCO ofrecen durante este mes de xuño un ciclo de cine dedicado a Isabelle Huppert no Auditorio Municipal.