luns, 3 abr 2023
Na iniciativa participarán o vindeiro curso escritores de “primeira dimensión” da cidade como Ledicia Costas, María Oruña, José Ángel Gómez “Defreds”, Antonio García Teijeiro e Francisco Castro.
luns, 27 mar 2023
O alcalde achegouse este luns á descuberta da escultura do icónico vendedor de xornais Manuel Castro, que foi reforzada despois de sufrir actos vandálicos en varias ocasións.
venres, 24 mar 2023
A Xunta de Goberno aprobará inicialmente nas próximas semanas o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións o que permitirá que o Ministerio de Cultura poida iniciar o proxecto arquitectónico da Biblioteca do Estado. Tal e como lembrou o rexedor, esta dotación estará na rúa Lalín e suporá un orzamento de 17 millóns de euros.
martes, 21 mar 2023
O alcalde convidou á cidade a gozar desta ópera bufa, unha das grandes obras mestras da comedia dentro do ámbito lírico, na primeira ocasión que se representa na cidade.
venres, 17 mar 2023
Son obras procedentes de coleccións privadas que, pola súa singularidade, e o carácter inédito dalgunha das obras, completan un percorrido fascinante pola traxectoria de Laxeiro ao longo de máis sesenta anos de carreira. O alcalde agradeceu aos propietarios a contribución temporal dos propietarios: "Canto máis xente poida gozar da obra de Laxeiro, será mellor para a cultura".
luns, 6 mar 2023
O Concello oferta ao alumnado de 5º e 6º de Primaria visitar a exposición do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2023.
luns, 6 mar 2023
O rexedor presentou esta mañá no Auditorio Mar de Vigo a cuarta edición do festival, cun cartel cheo de grandes nomes internacionais e nacionais que actuarán de maio a setembro.
luns, 27 feb 2023
O alcalde deu conta esta mañá dos avances na tramitación da futura biblioteca de Teis, que será construída na parcela na que se sitúa a antiga sede da Seguridade Social e cun deseño “espectacular”.
venres, 24 feb 2023
O MARCO acolleu o acto de entrega do Premio Laxeiro 2023 a Xesús Alonso Montero en recoñecemento ao seu labor no ámbito lingüístico, na creación literaria, a edición e a docencia.
xoves, 23 feb 2023
O alcalde avanzou esta mañá a súa vontade de que “Laxeiro e a arte da súa época” viaxe a outras cidades, entre elas, Nova York porque é unha exposición “grandiosa” que transcende nunha visión revolucionaria da cultura. A mostra, inaugurada hoxe no Marco, permanecerá aberta ata o 21 de xullo.