xoves, 9 nov 2023
Yolanda Aguiar, concelleira de Política Social, asistiu hoxe á inauguración do VIII Foro Internacional de referencia no que se abordarán os retos e oportunidades do ecosistema da saúde. A concelleira agradeceu especialmente ó comité organizador RIES 2023 como ó Cluster Saúde Galicia, por escoller a cidade de Vigo e reunir ós principais axentes dos sectores sanitarios e socio-sanitarios tanto público como privado.
mércores, 8 nov 2023
A concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, inaugurou esta mañá as Xornadas AMIZAR nas que se debaterá sobre o programa piloto de innovación en vivenda para a súa desinstitucionalización. As xornadas organizadas pola asociación Provivenda co apoio do Concello de Vigo desenvólvese no museo Verbum
mércores, 8 nov 2023
Os orzamentos para 2024 recollen unha suba de 125.000 euros para os comedores sociais e as becas comedor para escolares superan os 2.000.000 euros. A partida máis alta é para o Servizo de Axuda no Fogar, con case 11 millóns de euros. “Temos o máis importante orzamento para benestar social en realización coa poboación”, afirmou o alcalde.
luns, 6 nov 2023
Abel Caballero mantivo un encontro este luns cunha representación do sindicato de xustiza STAJ que reclama a necesidade de implantar este servizo nos xulgados de instrución de Vigo.
martes, 24 out 2023
A asociación AVEMPO organiza o vindeiro domingo 29 de outubro la “XI Edición da Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple”. Os organizadores do acto solidario avanzan que a saída terá lugar na Alameda de Bouzas, ás 11 horas. A carreira realizarase en formato 5k, 10k e andaina. As inscricións, que poden realizarse na páxina web de AVEMPO, pecharanse mañá mércores ás 23:59 horas.
venres, 6 out 2023
O alcalde recibiu ao comité organizador do Foro Internacional de Ecosistemas de Saúde que se celebrará en Vigo o 8 e 9 de novembro. Profesionais de todo o mundo na terceira idade exporán os novos medios e formas de afrontar a lonxevidade e o desenvolvemento das persoas maiores cos novos ecosistemas na saúde. Abel Caballero puxo de manifesto a importancia que teñen as novas formas de afrontar a idade. Desde a organización sinalaron na xuntanza a vantaxe de Vigo para acoller o foro, cunha cátedra de idadismo e desenvolvemento das políticas públicas municipais como a teleasistencia, o mapa da soidade e programas de envellecemento activo.
luns, 2 out 2023
O alcalde recibiu o primeiro premio da mans dos maiores da residencia DomusVi de Barreiro pola súa traxectoria vital. Abel Caballero achegouse ata as instalacións onde saudou aos residentes e recolleu o "Premio Traxectoria", que vai destinado "a unha persoa recoñecida e que fai unha labor importante contra o idadismo". O rexedor agradeceu o recoñecemento e puxo de manifesto a importancia e actividade que o goberno local lle dai á terceira idade.
venres, 29 set 2023
O alcalde sumouse este venres á celebración, que tivo lugar no Xardín da Memoria en Riviera Atienza, poñendo en valor o “servizo cidadá tan significativo” que prestan “atendendo á xente de Vigo”. Tal e como apuntou, os Coidadores de Barrio atenden de forma permanente a 240 mulleres e 41 homes e sumaron 9.000 servizos no que vai deste ano 2023. Ademais, hai unha porcentaxe de persoas beneficiarias que precisan a axuda “para facer un recado ou atender a unha persoa maior”.
venres, 29 set 2023
O alcalde avanzou este venres que a vindeira semana comezan as actividades de outono en tódalas asociacións e entidades da cidade que traballan con persoas maiores. A inscrición abre o 1 de outubro
martes, 26 set 2023
No marco do programa "Vigo, Cidade Amiga dos Maiores", o Concello organiza viaxes pola ría durante os meses de setembro e outubro para que as persoas participantes coñezan a súa riqueza natural. Haberá un total de 2.695 prazas para gozar das travesías que teñen unha duración dunha hora e media. Abel Caballero visitou este martes o barco, que parte da Estación Marítima, e saudou ás persoas participantes desexándolles a mellor experiencia a bordo.