luns, 6 mai 2019
Charlas, conferencias, coloquios, obradoiros e todo tipo de actividades relacionadas coa educación dos nenos comezarán o vindeiro 22 de maio. A entrada será libre e gratuíta pero é necesaria a inscrición.
martes, 9 abr 2019
Saúde Mental Feafes Galicia vén de abrir hai unhas semanas a súa nova sede na rúa Aragón e hoxe recibiu a visita do alcalde de Vigo, Abel Caballero, convidado pola entidade. O rexedor destacou o "apoio" que esta Federación presta ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias.
martes, 9 abr 2019
O alcalde de Vigo valorou o traballo feito pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) ao longo da súa existencia. "Para nos é unha gran prioridade, queremos un mundo de dereitos, ten que haber un traballo desde o mundo da política para garantir o benestar das persoas", sinalou.
venres, 5 abr 2019
Informou Abel Caballero que o Boletín Oficial da provincia publica na súa edición deste venres a convocatoria do programa, dotado de 1.640.000 euros. Desde o pasado martes o Concello está a concertar citas previas para comenzar a recoller as solicitudes a partir do luns 8 de abril e ata o 8 de maio.
martes, 2 abr 2019
Vigo celebrou este martes o Día Mundial de Concienciación sobre Autismo cun acto de visibilización no Auditorio Municipal do Concello de Vigo no que participou o alcalde. Alumnos do Colexio Menela compartiron as súas vivencias e tamén deuse lectura ao Manifesto do Día Mundial. O acto estivo amenizado con pezas musicais da Orquestra Castro Navás.
luns, 1 abr 2019
Desde mañá martes poderá solicitarse cita previa para realizar a tramitación das axudas destinadas a sufragar gastos de vivenda, alimentación e subministros a través da web do Concello ou do teléfono 010.
venres, 22 mar 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou hoxe á organización da IV Carreira Érguete e Corre, que se vai disputar o vindeiro día 31, domingo, con saída e chegada en Concepción Arenal.
luns, 18 mar 2019
O concelleiro Cayetano Rodríguez presentou xunto á presidenta da entidade, Teresa Galisteo, e ao tesoureiro, a web coa que promoven a captación de fondos para a construción da súa residencia en Coia, que terá 58 prazas.
mércores, 27 feb 2019
A moción, presentada por Marea de Vigo, insta ao Goberno autonómico a limitar a apertura das casas de apostas físicas e ao Goberno do Estado a regular a publicidade desta actividade para protexer ao público infantil e xuvenil.
venres, 22 feb 2019
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou a continuidade do coñecido como servizo de canguro municipal que o ano pasado foi utilizado por 76 familias con máis dun centenar de menores a cargo. Abel Caballero destacou tamén a prórroga doutros servizos como os de dinamización infantil, persoas adultas e mulleres.