Santi Domínguez reunirase co alcalde Iñaki Azkuna e con representantes da Asociación Bilbao Metrópoli 30 que impulsou a transformación da cidade<br />
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, reunirase mañá en Bilbao co seu alcalde, Iñaki Azkuna, para coñecer de primeira man o proceso de transformación que se ten desenvolvido nesa cidade nos últimos anos. Santi Domínguez considera que Bilbao, como cidade industrial que é, ten moitas semellanzas con Vigo e está interesado en saber como se fixo ese proceso de revitalización urbana. O tenente de alcalde quere, sobre todo, recabar información sobre o que atinxe á rehabilitación do Casco Vello e da ribeira do Nervión.
Santi Domínguez tamén manterá un encontro con representantes da Asociación Bilbao Metrópoli-30 que se constituiu no ano 1991 co obxectivo de impulsar o proceso de revitalización da capital vizcaína. Neste anos contribuiu de xeito decisivo a un proceso que ten convertido a Bilbao nunha cidade con mellor calidade de vida, competiva internacionalmente e cunha proxección recoñecida a nivel mundial. Esta asociación foi tomada como exemplo de referenza para novas organizacións de desenvolvemento estratéxico en cidades como Barcelona, Valencia, Málaga ou Zaragoza.
O tenente de alcalde pensa que hai iniciativas que puxo en marcha Bilbao Metrópoli-30 con moi bos resultados que se poden exportar a Vigo para facer unha axeitada planificación da cidade e poñer en valor as súas singularidades para facela así competitiva e incrementar os seus estándares de calidade.
O tenente de alcalde viaxará acompañado da concelleira de Benestar Social, María Méndez, co obxectivo de profundizar no traballo desenvolvido polo Concello de Bilbao no eido social, no que a cidade ten posto en marcha medidas novidosas. María Méndez manterá unha xuntanza co director de Acción Social, Juan Félix Madariaga, para recoller información das iniciativas desenvolvidas polo seu departamento para mellorar as concidións de vida dos colectivos máis desfavorecidos.