luns, 3 setembro 2007

As ordenanzas fiscais variarán o 2,4% do IPC

luns, 3 set 2007

O Goberno Municipal propón actualizar as tarifas das ordenanzas fiscais para o próximo ano nun 2,4% segundo a variación do IPC e que aprobou hoxe luns a Xunta de Goberno Local. O alcalde, Abel Caballero, manifestou que a presión fiscal para o ano 2008 será a máis baixa dos últimos oito anos.