Escoitar

Ciclo de cine francés "Au Sud du Cinéma"

Coincidindo co último mes da exposición "Novos horizontes" no MARCO, e como actividade complementaria desta mostra, o Cineclube Lumière e o MARCO ofrecen durante o mes de setembro un novo ciclo de cine francés, cunha selección de catro filmes incluídos no conxunto de actividades complementarias desta exposición, iniciadas no mes de xuño co ciclo dedicado á actriz Isabelle Huppert.

venres, 31 ago 2007
1188553070hyenes.jpg
Hyènes
- Organiza: Cineclube Lumière, en colaboración con Alianza Francesa, MARCO de Vigo e Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia.
- Colaboran: Federación de Galicia de Cineclubes; Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo.
- Datas: do 3 ao 24 de setembro de 2007
- Lugar: Auditorio da Casa do Concello, Praza do Rei s/n
- Horario: ás 20.30

Programa

LUNS 3 DE SETEMBRO
"Hyènes" ("Hienas"), de Djibril Diop Mambéty, 1992

LUNS 10 DE SETEMBRO
"Les gens de la rizière" ("A xente do arrozal"), de Rithy Panh, 1994

LUNS 17 DE SETEMBRO
"Platform", de Jia Zhangke, 2001

LUNS 24 DE SETEMBRO
"Lettre d'amour Zoulou" ("Carta de amor zulú"), de Ramadan Suleman, 2006.
1188553070hyenes.jpg
1188553098riziere.jpg
1188553144platform.jpg
1188553177lettre.jpg
Descargar todas as imaxes