Escoitar

Percorrido do alcalde polo circuíto urbano da Volta Ciclista para comprobar as medidas de seguridade

O alcalde, Abel Caballero, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixeron este xoves un percorrido polas rúas polas que pasará a Volta Ciclista a España 2007 o vindeiro sábado 1 de setembro, para comprobar as medidas de seguridade.

xoves, 30 ago 2007
1188474594vueltaciclista300807.jpg
O alcalde e o tenente de alcalde fixeron este xoves un percorrido polas rúas polas que transcorrerá a Volta Ciclista a España 2007, que este ano ten como primeira etapa a saída e chegada á cidade de Vigo. Dous coches, que saíron da Policía Local, levaron a Abel Caballero e a Santi Domínguez ao punto de partida da Volta Ciclista, na zona portuaria de As Avenidas, onde fixeron unha primeira parada. Tras comezar o percorrido fixeron outra parada ao final da Travesía de Vigo, á altura da saída con dirección a Pontevedra, para continuar a visita até chegar á meta na Avda. de Samil, nas inmediacións da rúa Argazada (Hotel Samil), onde tamén fixeron unha parada.

O percorrido, que trancorreu sen incidentes, fíxose para comprobar os últimos axustes no asfaltado, nas beirarrúas e a limpeza das medianas, ademais de asegurarse de que a cartelería para indicar o percorrido está correctamente establecida. Caballero, ao finalizar a visita, salientou a importancia deste evento para a cidade, xa que Vigo vai estar no punto de mira de toda España e hai que demostrar que esta cidade é moi válida para acoller eventos tan importantes como o é a Volta Ciclista a España.
Descargar todas as imaxes