O MARCO acolle a exposición "A viaxe dislocada" ata o 9 de setembro
O MARCO acolle ata o próximo 9 de setembro a exposición "A viaxe dislocada", unha compilación de traballos en vídeo que convidan a reflexionar sobre a viaxe e as súas metáforas.
A rutina da vida burguesa outorgoulle ao feito de viaxar un halo de lenda. Viaxar era superar o spleen e o ennui, abandonarse á experiencia, correr ao encontro do outro. O contacto co estranxeiro era parte esencial do acceso á cultura.
Coa aparición do fenómeno turístico e o agravamento dos movementos migratorios na era global, a viaxe vólvese imposible, falsa, impostada, dislocada… aínda que sigamos tratando de nos enredar nas súas poéticas contraditorias e aínda que nos abandonemos a ela nun arrebato nihilista.
Nesta exposición abórdase a viaxe como coñecemento, misticismo, escritura e creación, a viaxe como "tradución" política e social.
Os artistas e as obras
- Susan Black. Heaven on Earth, 2001
A través da poesía da arquitectura dos suburbios americanos, a autora desprega a súa propia ollada sobre a paisaxe urbana californiana. Unha reinterpretación sensorial dos bungalows de Palm Spring. As casas invértense, e forma e volume adquiren unha nova densidade, unha desacougante tridimensionalidade. O ceo pasa á terra e a terra ocupa o ceo. A inversión provócanos sensacións de viaxe onírica, hiperreal... mental.
- Elena Näsänen. Photograph of the Sea, 2002
Fotos de lembranzas dunha viaxe, un vaso roto e unha saída desesperada da casa. Unha respiración forzada. Unha carreira pola praia para se liberar dun afogo interior. A natureza salvaxe. A forza das ondas. Unha fuxida vital cara adiante. A memoria transfórmase no que semella unha "viaxe interior".
- Ximena Cuevas. Turistas, 2002
A ollada de Ximena Cuevas adoita fundir crítica, ironía e humor para abordar experiencias cotiás na trama social. Os seus ollos póusanse esta vez na figura do "viaxeiro" e na súa evolución, dende as épocas gloriosas do XIX ata o inicio do século XXI que hoxe vivimos, no que o turismo masivo vive o seu momento álxido e incluso está en plena transformación impulsado polo novo mapa de mobilidade tecnolóxica e global.
- Ingrid Buchwald Eguia. Capri c’est fini, 2005 / La temporada baja es para hibernar, 2005
Dúas sutís e intensas animacións dixitais desta nova creadora que debuxa co vídeo. En Capri c’est fini, un quiosco de xeados remata de pechar e o vento bate o toldo. É un remolque varado no cabo máis occidental de Europa, na costa portuguesa. O rótulo en varios idiomas, reclamo optimista para o turismo de masas, semella ser a testemuña melancólica dunha época xa pasada.
La temporada baja es para hibernar amósanos o edificio Tarik, construído na cidade portuguesa de Portimão, que posúe un ciclo vital comparable ao dun oso: baleiro e inerte durante gran parte do ano, revive en primavera para albergar o turismo masivo de tempada. Durante este breve período de tempo vístese coas cores de toldos e toallas, para recuperar o seu aspecto anodino durante o resto do ano.
- Sally Gutiérrez. Song Lines, 2005
Unha viaxe en tren xustaponse cunha viaxe en autobús. Fílmanse persoas detidas e en movemento, inmersas no ritmo da cidade. As anécdotas visuais e impresións crean unha densa trama urbana global e íntima ao tempo, vista dende a distancia que marca o cristal da xanela. Un soberbio proxecto audiovisual baseado no concepto de movemento e tránsito continuo do individuo no contorno urbana. O proxecto completo consta dunha videoinstalación, vídeos documentais, debuxos e fotografías.
- Tere Recarens. Etc., 2002 / Besenrein, 2003
Na súa primeira noite en Berlín a artista descubre nunha festa, a través dun coñecido, que o seu nome, "Tere", significa "Hola" en estoniano. Este descubrimento sérvelle de pulo para emprender unha viaxe a Estonia na que tentará interactuar cos habitantes do país. A peza, aderezada cun intelixente sentido do humor, fálanos da comunicación intercultural, e das tensións entre os conceptos de "viaxeiro" e "turista".
Quen non ten soñado, meditando dende a xanela do avión, con sentar nunha nube? E con varrer as nubes? Na videoacción titulada Besenrein, a artista desenvolverá esta poética operación.
- Eder Santos. A Europa em 5 Minutos, 1986
Partindo de anacos de gravacións de viaxes dun turista real, neste documental-ficción Santos reflexiona sobre a "linguaxe domestica" das películas de Super-8 e os aspectos políticos da documentación cultural. A metraxe —trementes escenas de París, Roma e Londres— filmada en Super-8 e narrada por un turista brasileiro de 78 anos, subliña o xeito en que as tecnoloxías da creación de imaxes reducen a experiencia cultural a clixés de vistas turísticas e fitos xa coñecidos. As "películas caseiras" do travelogue ou documental de viaxes altérnanse con imaxes de cineastas e outros profesionais dos medios audiovisuais, que falan acerca da arte de traballar con Super-8.
- Fernando Llanos. 360° (videoviaje), 2001
Unha cámara que xira 360 graos vai construíndo os 360 graos do horizonte. A peza forma parte da serie "Videoviajes", realizada polo artista nos últimos anos, fundindo as súas reflexións teóricas sobre a imaxe videográfica coas vivencias persoais dos seus traxectos. Ao final, a potencia plástica da obra, convertida en xeometría e luz, salienta sobre calquera outro significado e impón a súa propia poesía.
- Xoán Anleo. Paisaxes para o olvido (Viraxe), 2006
No turismo masivo e organizado, os continuos disparos de cámaras fotográficas, cámaras en teléfonos móbiles e vídeo convértense en obsesión por rexistrar todo o novo e diferente. Os novos dispositivos dixitais acentúan esta acción multiplicándoa sen temor ata o infinito, con ansiedade de disparos continuos e constantes, dando igual o que se fotografe, como unha obriga ata a saturación de novas imaxes. "Unha xa non abonda". Esta aguda reflexión visual, rodada na Patagonia, convídanos a reflexionar sobre este desbordamento de vacuas instantáneas.
- Daniel Cuberta. ¿Qué hago yo aquí?, 2007
A última entrega de videopoemas de Daniel Cuberta volve adquirir a forma dun caderno de memorias en vídeo. Unha atropelada e fluída combinación de imaxes ilustran a narración do artista que comparte co espectador unha emotiva viaxe en busca dun amor. Aeroportos e avións dende a ollada sentimental. En palabras do autor, "fitar atento as cousas que se moven e as que non se moven, e despois contalas nun filme".