O Goberno municipal reitera o seu "compromiso" coa Policía Local e os bombeiros
O concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, reiterou este martes o "compromiso" do Goberno municipal coa Policía Local e os bombeiros, consitente nun incremento do número de efectivos destes dous corpos para que poidan cumprir as súas funcións de maneira eficaz.
Calviño recordou o acordo alcanzado entre o Goberno municipal e os representantes sindicais para dotar a Policía Local de 100 novos axentes en catro anos, así como o compromiso do alcalde, Abel Caballero, de que Vigo conte con 170 bombeiros, cifra que cubriría, segundo afirmou o concelleiro, as necesidades dun corpo que actualmente dispón de 125 membros.
Calviño lamentou que nos últimos catro anos se reducise o número de efectivos con que contan os bombeiros e a Policía Local, no caso deste corpo pasando de 386 axentes aos 352 actuais. O concelleiro cualificou de "grave" esta situación e asegurou que "tiñamos que tomar decisións" para solucionala. Así, para o primeiro ano do presente mandato, o Goberno municipal quere contar con 30 novos policías locais e 14 ou 15 novos bombeiros.
Un dos obxectivos principais da acción do Goberno municipal neste sentido é asegurar o bo funcionamento destes servizos durante o verán. Ademais, no caso dos bombeiros, o incremento de efectivos virá acompañado da mellora das instalacións de que dispón o corpo, se se cumpre a previsión do Concello de establecer un novo parque no porto que substitúa o de Balaídos. Así mesmo, está prevista "nun prazo de meses" unha "auténtica reorganización" do corpo policial, que permitirá "a máxima atención aos barrios e parroquias", segundo adiantou Calviño.
Descargar todas as imaxes