O alcalde recibe aos representantes da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental DOA<br />
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este luns con representantes da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental DOA, nun encontro que tivo como tema central o proxecto para a ampliación das instalacións da asociación na rúa Romil. <br />
Finalizado o encontro, Caballero salientou aqueles temas de maior relevancia tanto para a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental como para o Concello. En primeiro lugar, falaron da importancia que ten para este colectivo a axuda económica de 6.000 euros que Benestar Social achega dende hai anos para facer frente aos gastos derivados das diferentes actividades que realiza a asociación, xa que, como Asociación Benéfica e sen ánimo de lucro, a súa disponibilidade financiera é moi escasa.
Ademais, a asociación plantexou o proxecto que teñen para a ampliación das súas instalacións, que consiste na cesión dun local por parte do Concello, e que xa presentaran ao anterior Goberno. Neste momento a cesión do local está paralizada até que se aprobe o PXOM, xa que no Plan de 1993 o uso do local non era para asociacionismo, que agora si se contempla. Polo tanto, o Concello cedería este local e DOA acondicionaríao.
Descargar todas as imaxes