A Travesía a Nado da Ría de Vigo supera as súas expectativas de participación
Este domingo disputarase a VIII Travesía a Nado da Ría de Vigo, que organiza o Real Club Náutico. A saída terá lugar ás 11.30 na praia do Con (Moaña) e espérase que unha hora despois cheguen os primeiros nadadores á dársena do Club.
A organización superou as súas expectativas de participación, ao contar con máis de 200 nadadores inscritos, o que a obrigou a limitar a participación a 170 nadadores, como marcaba o regulamento da proba, para poder garantir a seguridade dos deportistas.
Un numeroso despregamento de efectivos velará pola boa marcha da Travesía, que contará con 14 pneumáticas de rápida actuación, seis barcos de apoio, tres kayak , un barco de mergullo con especialistas preparados para actuar se for necesario, así como máis de 50 persoas entre voluntarios, Protección Civil e árbitros e organización. O percorrido contará con 25 balizas colocadas cada 200 metros dun lado a outro da ría de Vigo.
O gran favorito para facerse coa vitoria é o catalán David Meca, vencedor da edición pasada. Meca intentará bater o seu propio tempo (46:18:06) e aproveitará a súa estadía en Vigo para recibir os seus fans no Centro Comercial Gran Vía de Vigo este sábado ás 20.00 horas.