Escoitar

Vigo procurará manter os seus consulados e atraer representacións de novos países

O alcalde, Abel Caballero, manifestou este martes a súa intención de facer que se manteñan os consulados actualmente establecidos en Vigo, así como de atraer representacións de novos países á nosa cidade, despois do encontro que mantivo co secretario do Corpo Consular de Vigo e cónsul de Dinamarca, José Antonio de Román y Luis.

martes, 28 ago 2007
1188300210consules280708.jpg
Caballero lembrou que Vigo é a cidade galega con máis consulados, o que se debe, segundo explicou, á súa tradición comercial e portuaria. O alcalde mostrou a súa preocupación polo feito de que "unha parte dos cónsules non está sendo renovada", algo que o Goberno local intentará resolver mantendo contactos con representantes dos respectivos estados.

Ademais, Caballero afirmou que desde o Concello se buscará o establecemento de novos consulados en Vigo, e que para iso se levarán a cabo reunións con representantes de países que actualmente non contan con presenza consular na nosa cidade.
Descargar todas as imaxes