O alcalde recibe ao Comité Organizador do XI Congreso Nacional de Acuicultura
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este mércores con membros do Comité Organizador do XI Congreso Nacional de Acuicultura, que terá lugar no Centro Cultural Caixanova de Vigo, do 24 ao 28 do vindeiro mes de setembro.<br />
Antonio Cerviño, presidente do Comité Organizador do Congreso, e José Iglesias, presidente do Comité Científico, mantiveron unha xuntanza con Caballero para presentarlle a XI edición do Congreso Nacional de Acuicultura, que este ano se celebrará en Vigo durante o mes de setembro. A sede do XI Congreso será o Centro Cultural Caixanova e comezará o luns 24 de setembro pola tarde coa recepción dos participantes, entrega de documentación e aperitivo de benvida. A inauguración oficial terá lugar o martes 26 pola mañá e as diferentes áreas científicas terán lugar en sesións paralelas dende o martes 25 até o venres 28 en horario de mañá e tarde.
O congreso, dividido en 15 sesións, abordará temas relacionados coa acuicultura, tanto mariña como continental, e que fagan referencia a asuntos de actualidade. Para iso, están invitados os mellores expertos das temáticas que se van tratar e adicionalmente numerosas empresas, o que dá mostra do bo entendemento que existe entre os procesos ciéntificos e o ámbito empresarial nesta materia.
O lema do XI Congreso Nacional de Acuicultura é "Cultivando o futuro", polo que na sesión inaugural plenaria se fará unha análise da evolución da acuicultura nos últimos vinte anos, cun percorrido a través das dez edicións do Congreso Nacional.
Descargar todas as imaxes