Abel Caballero e Xabier Alonso reciben a primeira plantilla do Gestibérica Vigo
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiron este luns no Concello a primeira plantilla do Gestibérica Vigo, con motivo da presentación oficial, este mesmo día, do proxecto deste equipo para a temporada 2007-2008.
![1188824540gestiberica030907.jpg 1188824540gestiberica030907.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1188824540gestiberica030907.jpg)
A presentación terá lugar no Centro Social Caixanova a partir das 20.00 horas, nun acto que contará coa presenza de autoridades, patrocinadores e membros da xunta directiva, así como dos integrantes das diferentes categorías do club, tanto xogadores como técnicos.
Descargar todas as imaxes