O programa AVAE de Vigo Dixital ultima os detalles de seu protocolo de actuación
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, presentaron hoxe mércores os contidos e funcionamento da plataforma dixital AVAE, integrada no programa Vigo Dixital, polo que os menores hospitalizados de longa estadía no complexo Hospitalario Xeral Cíes poidan recibir a mesma formación que os seus compañeiros nas aulas.
Segundo afirmou Santos Héctor o obxectivo é que as novas tecnoloxías cheguen a todos os cidadáns, e neste caso concreto aos nenos doentes, co fin de que poidan seguir co seu curso escolar.
O protocolo de actuación do programa AVAE, está neste momento moi avanzado e pendente de avaliación ou modificación por parte dos responsables municipais. Os actores implicados no programa, Anpas, mestres, centros escolares e pais, participaron esta mañá nunha demostración practica do funcionamento da plataforma dixital.
Este protocolo de actuación antepón a detección dos nenos hospitalizados no complexo Hospitalario Xeral Cíes susceptibles de seren acollidos no programa educativo aos trámites e ao coñecemento que teñan as familias do mesmo.
Así, Anpas, centros escolares, e docentes que traballan no hospital detectarán a este nenos, que deberán estas hospitalizados por periodos superiores ao mes para integrarse nesta plataforma TIC.
As actuacións van dirixidas tanto a nenos hospitalizados con estancias superiores ao mes de duración, independentemente da súa mobilidade. Se pode moverse as actuacións desenvolveranse nas aulas hospitalarias e se esta non é posible, nas habitación dos enfermo. O protocolo tamén inclúe a posibilidade de que determinados nenos, que se ben non están hospitalizados no complexo Xeral Cíes, requiran de longa recuperación no seus domicilios.
O programa está dirixido a nenos hospitalizados de longa estadía de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. Na actualidade un total de 15 nenos atópanse dentro dos parámetros establecidos no programa. Unha vez que entre en funcionamento a plataforma, uns trinta nen@s poderán participar no programa, que está previsto que inicie o seu funcionamento neste mesmo curso académico.
O programa contempla, asemade, que o docente TIC, coordine cos pais e mestres dos nenos acollidos ao programa, as actuacións necesarias para o correcto seguemento e actuacións co neno enfermo.
O nexo de unión entre todas as persoas implicadas no proxecto debe ser o coordinador TIC, para o que se habilitará un teléfono e unha dirección de correo electrónico para a consulta de dúbidas sobre o funcionamento, suxerencias e comentarios por parte das partes implicadas.
Este tipo de comunicación estará a disposición dos nenos integrados no programa, que ademáis contarán cun Tablet PC, MODEM USB 3G e medios como as pizarras interactivas, chat, escritorio compartido e videoconferencia para facilitar a interacción entre as partes: o coordinador TIC, as aulas hospitalarias, as familias e os docentes dos nenos.
Cando os nenos se recuperan, o programa contempla a gravación en soportes dixitais dos traballos feitos polos nenos para entregar, previa autorización dos pais, aos mestres para a avaluación dos progresos e habilidades dos nenos.
Programa pionerio a nivel mundial
A singularidade do proxecto Vigo Dixital está no feito de que os cativos e cativas, que actualmente reciben ensino do persoal que se atopa no propio hospital, verán reforzada esa atención coa que impartirán os seus propios mestres desde as aulas. Este servizo é fundamental para que os escolares doentes poidan recibir a mesma formación que os seus compañeiros que se atopan nas aulas.
A proposta, desenvolvida pola Concellería de Participación Cidadá e Benestar Social do Concello de Vigo ao amparo do programa europeo de desenvolvemento das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) "e-Europe" permite que estes nenos poidan recibir clases coordinadas polos mestres dos centros onde están matriculados, utilizando as últimas tecnoloxías coma ordenadores con conexións de banda ancha, Tablet PC, pizarras virtuais e unha plataforma de software intuitiva e de fácil uso.
Outro aspecto a destacar é que o proxecto permitirá crear unha base de datos de recursos educativos xerados no propio programa por mestres, que poderán ser utilizados por toda a comunidade educativa.
Encadrado no programa europeo "Cidades Dixitais", Vigo Dixital evita romper o vínculo do alumno co seu centro de ensino. Esto supón, na práctica, a posta en marcha dunha "aula multimedia" adicada á formación presencial e a distancia, así como unha sala de videoconferencias.
Vigo Dixital é un programa desenvolvido pola Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo en colaboración coa Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria Comercio e Turismo e a Unión Europea a través dos fondos FEDER de desenvolvemento rexional. Conta cun orzamento de 698.405,00 €, dos que 300.000,00 € son aportación do Concello de Vigo, 235.000,00 € da Xunta de Galicia e 163.405,00 € do Ministerio de Industria Comercio e Turismo.
Descargar todas as imaxes