Escoitar

Programa Municipal de Escolas Deportivas 2007-2008

O Concello de Vigo, a través do Instituto Municipal dos Deportes (IMD), pon en marcha un ano máis o Programa Municipal de Escolas Deportivas para a temporada 2007-2008, no que se desenvolverán diferentes modalidades en colaboración coas entidades deportivas da cidade.<br /> <br />

martes, 4 set 2007
A partir deste martes 4 de setembro está aberto o prazo de inscrición para todos os nenos e nenas nados entre 1991 e 2001.

Prazos de matrícula

1º PRAZO

Do 4 ao 5 de setembro: alumnos de patinaxe antigos.
Do 6 ao 7 de setembro: alumnos de ximnasia rítmica e tenis antigos.
Do 11 ao 15 de setembro: alumnos de todas a modalidades antigos.
Do 17 ao 21 de setembro: alumnos de todas as modalidades antigos e novos.

2º PRAZO DE MATRÍCULA

Do 8 ao 31 de outubro nas modalidades en que haxa prazas libres.

ANPAS E COLEXIOS

Petición de solicitudes do 4 ao 21 de setembro.

Lugar de matrícula

Instituto Municipal dos Deportes, Avda. De Castrelos nº1.

Prezo da inscrición

36,85 € todo o curso.

Comezo do curso o 1 de outubro e finalización o 30 de maio.

As modalidades que se poden practicar son: atletismo, bádminton, baloncesto, balonmán, béisbol, ciclismo, esgrima, fútbol, fútbol sala, hockey herba, hockey a patins, iudo, kárate, loita, patinaxe, tiro con arco, tenis, ximnasia artística, acrobática, rítmica, voleibol, triatlón, entre outras.

Máis informarción nas oficinas do Instituto Municipal dos Deportes (tel. 986 235 901 e 986 236 809). Ademais, hai paneis informativos e folletos a disposición dos usuarios no IMD.