Escoitar

A arte do madrigal chega ao festival Are-More

venres, 22 nov 2002
imx2030.jpg
La Venexiana
La Venexiana, o conxunto dirixido polo contratenor Claudio Cavina formado por ex-membros do famoso Concerto Italiano, actuará o 24 de novembro na sala de concertos Martín Códax do Conservatorio cun especial dedicado á arte do madrigal. Os intérpretes amosarán unha mestura calorosa, verdadeiramente mediterránea de declamación textual, color retórica e refinamento harmónico cun repertorio de Claudio Monteverdi.

La Venexiana especialízase en dous tipos de repertorio: o madrigalístico, como é o caso do marabilloso disco dedicado a Barbara Strozzi “Barbara Strozzi: II Primo Libro de Madrigali”, e o da cantata de cámara e os duetti italianos, como os de Haendel.

As súas interpretacións destacan por unha extraordinaria altura técnica e polo seu apaixoamento, características estas indispensables para sacar todo o partido dun repertorio tan intimamente unido á linguaxe poética e á retórica como o da música vocal italiana.

Tomouse o nome de ”La Venexiana” dunha comedia anónima do Renacemento, combinación do italiano e seus dialectos coma pola súa aguda imaxe dunha sociedade cos seus modais. Ao acollerse a esta gloriosa tradición, ”La Venexiana” pretende incorporar na súa interpretación musical o enfoque teatral, a atención ao idioma e a exaltación de contrastes entre o máis refinado e o popular, o sagrado e o profano que caracteriza a nosa cultura de hoxe.

Este conxunto alcanzou fama mundial coa súa interpretación de ”Los madrigales de Sigismondo, Luzzaschi, Marenzio y Gesualdo”. Recibiron recoñecemento dos críticos internacionais máis prestixiosos, sendo galardoado co ”Diapasón D’Or” en 1999, o ”Editor’s Choice of Repertoire” en Decembro de 1999, o ”Cd do Mes” de Luister (Holanda) e Goldberg, o ”CD do Ano” 2001 de Amadeus, o ”Prix Fondazione Cini de Venice” de 1999, o ”Prix Cecilia” de 1999 e o ”Gramophone Award de 2001”. La Venexiana foi proclamado o novo Orfeo do repertorio do madrigal italiano.

Claudio Monteverdi (1567-1643)
Compositor italiano, a figura máis importante da transición entre a música renacentista e a barroca. Aos 15 anos de idade, en 1582, Monteverdi compuxo a súa primeira obra, un conxunto de motetes tripartitos e en 1605 escribiu cinco libros de madrigais, nos que se aprecia unha evolución desde texturas suaves nos primeiros dous libros (1587 e 1590) con influencias de Luca Marenzio a un plantexamento máis disonante e irregular que potencia o significado de cada palabra nos libros terceiro e cuarto (1592 e 1603) con influencias de Giaches de Wert ao que coñeceu cando traballaba para o duque de Mantua Vincenzo Gonzaga en 1592. Monteverdi comezou a interesarse polos dramas musicais experimentais de Jacopo Peri, director musical na corte da familia dos Médicis, e por obras similares doutros compositores da época. En 1599 casou con Claudia de Cataneis, filla dun intérprete de viola.

A linguaxe harmónica deste compositor xa suscitara fortes controversias. En 1600, o canónigo boloñés Giovanni Maria Artusi publicou un ensaio atacando, entre outros, dous dos seus madrigais por sobrepasar os límites da polifonía equilibrada, obxectivo da composición renacentista. Monteverdi defendeuse nun escrito publicado en 1607, no que argumentaba que, mentres o estilo antigo que el denominaba prima prattica, era adecuado para a composición de música relixiosa, a seconda prattica, na que ”as palabras son donas da harmonía, non escravas”, era máis apropiada para os madrigais, composición na que resultaba vital poder expresar as liñas emocionais do texto.

O gran logro de Monteverdi como compositor de óperas foi combinar o cromatismo da seconda prattica co estilo monódico da escritura vocal (unha liña vocal florida cun baixo harmónico simple) desenvolvido por Jacopo Peri e Giulio Caccini.

PROGRAMA
Descargar todas as imaxes