Escoitar

O Pleno tratará sobre a actualización do mapa xudicial da provincia

venres, 22 nov 2002
A Corporación municipal pronunciarase o próximo luns no transcurso dunha sesión plenaria sobre a resolución adoptada pola Comisión de Xustiza referente ás seccións da Audiencia Provincial na que se insta a calquera Institución Xudicial a que as decisións que poidan afectar á demarcación dos Tribunais de Vigo sexa planificada en estreita colaboración cos sectores profesionais de xustiza nesta cidade e co seu Concello.

A Comisión de Xustiza do Concello de Vigo tivo coñecemento do informe que referente á ”actualización do mapa xudicial” remitiu o Presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e o Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra.

No informe indicase que a creación de dous seccións de Audiencia Provincial en Vigo ”carece de xustificación xurídica e técnica tendo provocado iso importantes disfuncións no funcionamento do órgano e da prestación do servicio público”. Para remediar esta situación o Presidente da Audiencia estima como ”absolutamente necesario unifica-la demarcación territorial das seccións, de xeito que as seis existentes teñan competencia en toda a Provincia”.

Entre outros asuntos que se tratarán no pleno figuran propoñer ó Consello Xeral do Poder Xudicial a creación inmediata en Vigo dunha terceira Sección da Audiencia Provincial mantendo a súa actual Planta e o traslado a Vigo dun dos tres Xulgados do Contencioso existentes na cidade de Pontevedra.