Operarios de Montes, Parques e Xardíns emprenden labores de recollida de árbores caídas polo temporal
Os operarios de Montes, Parques e Xardíns realizan tarefas destinadas a paliar os danos causados pola tormenta, que foi tan intensa que causou diversos desperfectos nos parques de Castrelos, O Castro e A Guía debido aos fortes refachos de vento que provocaron numerosas caídas de árbores e ramaxes.
No parque da Guía caeu un chopo e no parque do Castro caeron un piñeiro e unha tileira. Os operarios detectaron tamén dúas acacias de Australia afectadas por fungos, da variedade denominada Armilaria, que non tiñan salvación e tiveron que proceder á súa tala porque esta afección é moi contaxiosa e podería estenderse a outras árbores.
O parque máis afectado polo temporal foi o de Castrelos, onde caeron un carballo americano, unha acacia de Australia, dous plátanos, un chopo, unha acacia de pico e un amieiro, así como pólas de diferente grosor.
Unha póla de faia de gran tamaño caeu enriba dun magnolio que os operarios tiveron que talar.
No parque infantil caeu un carpe e detrás do anfiteatro caeu unha rama de eucalipto de grandes dimensións enriba doutra acacia que tamén foi talada.
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns ten 16 operarios deste departamento a diario empregados en repoñer os danos e desperfectos causados polo último temporal. A seguinte fase, despois da retirada de tódolos desperfectos, será substituír as árbores que tiveron que ser derrubadas.
Electromecánicos
Dende a Concellería dos Servicios Electromecánicos estanse realizado reparacións para repoñer os desperfectos causados polo temporal.
No casco urbano estase repoñendo o alumeado de distintas rúas da cidade danadas polo forte vento e os cristais rotos dalgunhas farolas. Na zona rural da cidade restablécense as liñas aéreas do alumeado debido á caída de pólas de árbores, ademais de reparar outros desperfectos do alumeado. Este departamento ten a tódolos seus operarios traballando nestas tarefas que comezaron a realizarse o pasado mércores.
Descargar todas as imaxes