Escoitar

Comezan os traballos de conservación do pazo museo ”Quiñones de León”

mércores, 20 nov 2002
Nos vindeiros días comezarán no museo municipal ”Quiñones de León” os traballos de conservación do segundo andar do pazo, consistentes no pintado de paredes e teitos, arranxo de faiados e reparación de determinadas zonas das cubertas.

Así mesmo, en breve procederase á aplicación dun tratamento antixilófagos (couza e termes) que abrangue a totalidade do edificio e das coleccións, en colaboración co Servicio Municipal de Desinfección. Este tratamento rematará a comezos do vindeiro ano.

Por estes motivos, o museo vese na obriga de pechar o segundo andar, onde se localizan as salas de arte contemporánea galega.