Sío entregou os diplomas dun programa de prevención de drogodependencias
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, entregoulles os diplomas aos responsables dos centros de ensino que colaboraron no programa de prevención de drogodependencias da asociación Karma. Sío agradeceu ”a colaboración inestimable dos 42 colexios participantes que fai posible a mellora da calidade de vida de nenos e adultos”.
A concelleira afirmou que é necesaria unha colaboración para a prevención de actitudes destinada a fomentar un cambio que mellore a realidade futura dos escolares. ”Os educadores dos centros son os axentes sociais que levan á práctica este programa”, polo que fixo un recoñecemento individual para o profesorado e os centros que colaboran.
Descargar todas as imaxes