Escoitar

O Concello aproba a mellora do alumeado público en Poulo, Lavadores e Teis

luns, 18 nov 2002
A Comisión de Goberno aprobou o proxecto de mellora da rede de alumeado público nas parroquias de San Xoán Poulo, Lavadores e Teis. O Concello prevé investir 69.038 euros en modernizar a infraestructura eléctrica destas parroquias coa finalidade de garantir un mellor funcionamento do alumeado dos seus espacios públicos.

O proxecto recolle un conxunto de accións dirixidas a eliminar as caídas de tensión e a mellorar os niveis de alumeado. Ademais de reforzar a rede, o Concello vai renovar as luminarias e a crear novos puntos de luz.

O Concello xa realizou traballos de mellora do alumeado noutos puntos do municipio como Zamáns, Bembrive, Beade, Candean, Cabral ou Samil, proxectos nos que se investiron preto de 400.000 euros.

O Concello retirará a súa torre de comunicacións do Castro

O Goberno municipal decidiu retirar do monte do Castro a súa torre de comunicacións, un mastro de 15 metros de altura situado no recinto do castelo. A devandita torre serviu durante moito tempo para facilitar as comunicacións dos servicios municipais. Agora, trala posta en marcha da nova rede trucking, que está sendo utilizada pola Policía Local, os Bombeiros e outros servicios, a antena deixou de ter funcionalidade. O seu negativo impacto estético e o seu mal estado de conservación aconsellaron ao Goberno vigués proceder a súa retirada.

Nova ambulancia para protección civil

A Comisión de Goberno decidiu adquirir unha ambulancia para o servicio de Protección Civil do Concello. Á compra deste vehículo destinaranse 37.800 euros.