As instalacións de Vigozoo acollen un programa de voluntariado ambiental
A Oficina Municipal de Voluntariado, da Concellería de Participación Cidadá, promove un programa que se desenvolverá nas instalacións de Vigozoo destinado a apoiar o fomento do voluntariado de carácter ambiental, ecolóxico e o respecto polos animais.
Os voluntarios participarán nos programas de adopción de animais, salvamento de especies e de visitas guiadas do zoo. A formación básica das persoas voluntarias ofrécese dende a Oficina Municipal de Voluntariado e a formación específica que precisen os participantes ofreceranlla os profesionais do zoolóxico.
Haberá un seguimento das actividades que desenvolvan as persoas voluntarias por parte dos profesionais do zoo e dos técnicos da Oficina Municipal de Voluntariado.
Os interesados en participar nesta campaña poden dirixirse á Oficina Municipal de Voluntariado instalada na lonxa do Concello.