A mezzosoprano Jennifer Larmore interpreta a Rossini, Mozart e Montsalvatge no Are-More
Jennifer Larmore, a coñecida especialista no repertorio rossiniano, actuará no festival Are-More o 23 de novembro no Cine Fraga-Caixa Galicia. Gravou recentemente arias deste compositor nun disco titulado Amore per Rossini e a crítica destacou tamén o seu brillante papel de Arsace na ópera Semiramide de Rossini, da que interpretará en Vigo a escena “Eccomi alfine in Babilonia”. Ademais, cantará a obra máis internacional de Montsalvatge, as súas deliciosas “Cinco canciones negras”, e pezas de Mozart, Herbert ou Debussy acompañada polo pianista Antoine Palloc.
O debut operístico de Jennifer Larmore en Francia, interpretando Sesto en La Clemenza di Tito de Mozart, 1968, sinalou o inicio dunha brillante carreira internacional onde gardan especial importancia as óperas de Mozart, Bellini, Rossini e Handel. Acadou grandes éxitos como Rosina en Il Barbiere di Siviglia en París, Amsterdam, Bonn, Berlín, Bilbao e Londres, sendo ese mesmo papel o que elixiría para o seu debut no Metropolitan Opera, 1995.
Participou tamén en La Scala con Le Comte Ory, volvendo despois con L´enfant et les sortileges, e interpretou a Romeo en I Capuleti e I Montecchi, representada en Lisboa, Vaison-la Romaine, Xenebra e París. Cunha nova heroína de Rossini no seu repertorio, Isabella, Jennifer Larmore participou con grande éxito en L´Italiana in Algeri tanto en Turín como en Berlín, Bos Aires e París. Debutou no Festival de Salzburgo en 1993 co papel de Dorabella en Cosi Fan Tutte de Mozart e, posteriormente, cantou Giulo Cesare en Amsterdam, Lisboa, París, Beaune, Berlín, Montreux e Bruxelas.
Cando en 1996 a artista foi chamada para cantar o himno olímpico en Atlanta, a súa cidade natal, Teldec celebrou o evento coa edición dun CD titulado Born in Atlanta, dedicado á figura da artista.
Ultimamente ofreceu recitais con Antoine Palloc en París, Montecarlo, Bruxelas, Barcelona, Londres, Viena, Lisboa e Toronto, o seu debut coa Filharmónica de Nova York con Kurt Masur en Das Lied von der Erde e Gurrelieder coa Sinfónica de Pittsburgh e Mariss Jansons. Tocante a compromisos operísticos, interpretou Giulo Cesare e La Cenerentola no Metropolitan Opera, Il Barbiere di Siviglia en Viena e La Scala, e o seu debut na Chicago Lyric Opera como Ruggiero en Alcina de Handel. Tamén é salientable a interpretación de duetos coa coreana Hei-Kyung Hong e a súa intención de volver a Australia a vixente temporada coa Orquestra Sinfónica de Melbourne dirixida por Manfred Honneck, así como recitais previstos en Corea e Xapón.
PROGRAMA
Descargar todas as imaxes