Protección civil dispón dun novo vehículo
O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transportes, Xaquín de Acosta, presentou o novo vehículo para Protección civil conseguido a través dunha doazón. Ademais, adxudicarase proximamente o concurso para subministrarlle unha ambulancia.
Xaquín de Acosta sinalou que, a partir do protocolo de entrega, o parque móbil faise cargo do vehículo que servirá para realizar máis rápido os traslados dos efectivos de Protección civil e para transportar material. ”A colaboración de empresas con entidades sen ánimo de lucro reflicte o sentir dunha sociedade que colabora de maneira altruísta”, dixo o concelleiro.
O xerente da empresa DHL, Juan Carlos Pena Castiñeira, explicou que esta doazón serve para transmitir que a política con entidades de interese social está desenvolvida de maneira activa nesta entidade. Manifestou tamén a vocación de servicio e implicación social que supón este agasallo.
Descargar todas as imaxes