Escoitar

O Concello convoca unha concentración o día internacional contra a violencia de xénero

xoves, 21 nov 2002
A Xunta de Voceiros do Concello de Vigo aprobou, a proposta do alcalde, a convocatoria dunha concentración de repulsa contra a violencia de xénero e en solidariedade coas mulleres maltratadas. Esa concentración desenvolverase o luns, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ás 12:00 horas na praza do Rei.

O pleno da corporación municipal que se desenvolverá ese día ratificará unha declaración institucional na que se reclamará a implicación de todas as administracións e do conxunto da sociedade na loita contra os malos tratos ás mulleres e na axuda ás víctimas deste tipo de violencia.