Escoitar

Principia a nova edición de ¿Xogas? En galego podemos

xoves, 21 nov 2002
imx2020.jpg
Logotipo
A concelleira de Normalización Lingüística, Carme Corbalán, presentou a cuarta edición de ¿Xogas? En galego podemos. O programa desenvolverase do 23 de novembro ao 11 de xaneiro co fin de achegar os nenos ao idioma galego dun xeito divertido e didáctico.

Corbalán afirmou que existe unha demanda de pais que queren ter a posibilidade de que os nenos poidan desenvolvérense na lingua materna e doutros que consideran necesario que os seus fillos dominen o idioma galego. Nesta edición ampliáronse os espacios onde se celebrarán as sesións de xogos co fin de crear un tecido con librerías, centros educativos, parques ou bibliotecas para desenvolver o programa. Os interesados en incorporar estas actividades nas súas instalacións poden dirixirse ao Servicio de Normalización Lingüística.

As anteriores edicións contaron cunha boa resposta dos nenos e a participación dos pais nos obradoiros e xogos propostos. Algunhas das actividades rexistraron máis de 200 participantes. Os grupos que dirixirán as sesións son Abertal, Cabezolos e Vaivén e a compañía Tanxarina ofrecerá tamén dúas funcións teatrais.

Programa

-23 novembro/17.00 a 18.30 h
Praza do Rei
FESTA ¿XOGAS? EN GALEGO PODEMOS
Xogos populares, xogos cooperativos, cancións, obradoiros de reciclaxe, obradoiros de maquillaxe... e xogos co paracaídas.

29 novembro/18.30 a 20.00 h
Ludoteca de Lavadores/Ludoteca de Coia
Xogo de rastrexo e obradoiros, bingo de nomes, obradoiros de reciclaxe,o xogo da ra, o pano, as chapas...

-13 decembro/18.30 a 20.00 h
Ludoteca de Lavadores
Obradoiro de colgantes, de maquillaxe: xogos cooperativos, xogos populares...

-14 decembro/17.00 a 18.30 h
Centro Cívico de Teis
¿xogas ao grande?
xogos con fichas xigantes, obradoiros, xogos populares...

-15 decembro/17.00 a 18.30 h
Ludoteca de Coruxo
Obradoiros, contacontos, xogos, bailes...

-19 decembro/ 19.00 a 20.00 h
Librería Andel
Contacontos

-20 decembro/17.00 a 18.30 h
Colexio Javier Sensat ¿xogas cando vai frío?

-21 decembro/17.00 a 18.30 h
Centro Cívico de Teis
Obradoiros de reciclaxe, xogos co paracaídas, cancións, os aros, xogo da ra...

-22 decembro/17.00 a 18.30 h
Ludoteca de Coruxo
Obradoiros, contacontos, xogos, bailes, cancións...

-23 decembro
Praza Elíptica
TANXARINA

-11 xaneiro/ 18.00 h
Auditorio do Concello
Os contaloucos: dous contos contados por tres loucos
TANXARINA
Descargar todas as imaxes