Escoitar

Participación Cidadá acóllese ao programa ”Internet para todos” do Ministerio de Tecnoloxía

venres, 22 nov 2002
A Concellería de Participación Cidadá asinou un convenio de colaboración co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, dentro da iniciativa Info XXI, co obxectivo de popularizar internet e dispoñer dos programas ”Internet para todos” para a formación de monitores que logo impartirán cursos. Ademais, dispoñen do uso en empréstito de 50 ordenadores portátiles.

Esta proposta baseada na iniciativa INFO XXI pretende evitar a informarxinalidade de colectivos con difícil acceso á alfabetización dixital, como acontece cos colectivos de amas de casa e maiores, nenos e nenas de 8 a 14 anos.

A Concellería de Participación Cidadá, pola súa parte, comprométese a utilizar os locais do Centro Cívico de Teis e do Centro Cívico do Casco Vello, así como os formadores necesarios para a impartición dos cursos. Ademais, dotará os locais de acceso a internet de banda ancha (ADSL) e de tódolos medios necesarios para a celebración dos cursos xa sexan medios materiais como proxectores de transparencias, videoproxectores e taboleiros de conferencias, como das instalacións de redes LAN nos mencionados centros. Instalarase cableado estándar no Centro Cívico de Teis e redes inalámbricas de última xeración no Centro Cívico do Casco Vello, o que evitará a necesidade de realizar obras de cableado nos salas a utilizar.

Estas propostas de formación complementaranse a curto prazo coa creación de puntos de acceso a internet, nas distintas parroquias viguesas o que permitirá unha maior participación cidadá no acceso á información.