Xabier Alonso agasalla ao deportista Chano Rodríguez como "recoñecemento da cidade polos éxitos acadados"<br />
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu estes martes ao deportista paralímpico Chano Rodríguez, a quen agasallou cun exemplar da obra "Vigo, a cidade das ondas", como "recoñecemento da cidade polos éxitos acadados". Ao respecto, o concelleiro salientou as cinco medallas de ouro acadadas polo nadador na súa última cita deportiva, o Campionato de Europa Paralímpico celebrado na capital islandesa, Reykjavic, celebrado a semana pasada.
"Chano Rodríguez tennos tan acostumados a enchernos de medallas de ouro que ata parece doado", sinalou o concelleiro de Deportes. Pola súa banda, o nadador salientou que os resultados do último campionato supoñen o mantemento do seu nivel "pese a idade". Recoñeceu, por outra banda, que o de Xabier Alonso é o único recoñecemento oficial recibido por parte das autoridades, xunto a unha carta que recibiu onte da delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares.
Chano Rodríguez manifestou, asemade, a súa confianza en que o trato dispensado aos nadadores paralímpicos "sexa o mesmo" que ao resto dos deportistas olímpicos por parte da Deputación de Pontevedra. Ao respecto indicou que el non quere "quitarlle nada a ninguén", senón que se lle conceda o que merece. "Cústame traballo dicir que acadei cinco medallas de ouro, parece que as regalan, cando non é así", sinalou.
Descargar todas as imaxes