Iolanda Veloso presenta o XIV Encontro Sindical da Muller, que se celebrará os días 5 e 6 co lema "A nosa forza: a igualdade"<br />
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, avanzou este martes que o XIV Encontro Sindical da Muller se celebrará os días 5 e 6 de novembro no hotel Coia co lema "A nosa forza: a igualdade". En presenza das tres secretarias da Muller de CIG, UGT e CC OO, a concelleira nacionalista salientou que a discriminación de xénero afecta a todas as mulleres polo que "todos e todas temos que traballar na mesma dirección".
As xornadas comezarán o vindeiro xoves ás 10 horas co acto de apertura, no que participarán a concelleira de Igualdade, a secretaria da Muller da CIG, Placer Vila, de UGT, Angeles Arias, e de CC OO, Elena Rodríguez. Ás 10.30 horas a diplomada en Traballo Social, Irene Cecilia Álvarez, ofrecerá un relatorio sobre "Análise social sobre os avances en igualdade" e ás 12 horas terá lugar unha charla-coloquio sobre os avances na igualdade.
Respecto á violencia de xénero, neste coloquio, falará a secretaria confederal da Muller e Mocidade da CIG, Margarida Corral; sobre acoso laboral e acoso sexual intervirá a secretaria de Igualdade e Comunicación da Federación de Industria de CC OO de Galiza, Isabel Gómez, e sobre participación política e social falará a secretaria de Igualdade UGT Galiza, Carmen Brea.
Ás 13 horas está prevista a conferencia "Medidas legais en materia de igualdade", a cargo da secretaria de Políticas de Igualdade e Inmigración do SN de CCOO de Galiza, Mabel Pérez. Xa pola tarde, ás 16.30 horas terá lugar o relatorio "Discriminación ante a diversidade", que impartirá a secreatia de Relacións Institucionais de FETE-UGT, Carmen Vieites, e ás 18 horas haberá unha sesión de regueifas.
O día 6, a sesión comezará ás 9.30 horas coa conferencia da técnica do Gabinete Económico da CIG, Natividad López, sobre "Como afecta a crise ás mulleres traballadoras". Finalmente, ás 11.30 horas terá lugar unha homenaxe ás mulleres sindicalistas visibles, nunha mesa redonda na que participarán representantes das tres centrais sindicais.