O Concello pecha a "colaboración continua e perenne" de Caixanova ata 2011
O alcalde, Abel Caballero, rubricou este luns co Presidente da entidade bancaria, Julio Fernández Gayoso, un convenio bilateral de cooperación vixente desde 2009 ata o primeiro semestre de 2011 destinado á realización de actividades culturais e sociais. O rexedor recoñeceu a Caixanova como un "aliado permanente" do Concello e da cidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este luns co Presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, un convenio que garante a "colaboración continua e perenne" da entidade co municipio ata o primeiro semestre de 2011.
Este acordo establece, segundo afirmou o alcalde en rolda de prensa posterior á rúbrica, a "magnífica relación de cooperación" entre as partes, colaboración que vai "máis aló" desta sinatura pois o Concello ten en Caixanova un "aliado permanente", expresou Abel Caballero.
O documento, explicaron alcalde e presidente, define as liñas básicas da cooperación entre o Concello e Caixanova, un convenio marco que concretarase nos plans que o goberno local presente ao longo dos tres anos de duración do convenio e que non conta cunha cuantía pechada.
O obxectivo principal do mesmo pasa pola realización de actividades que deseñará o Concello de Vigo e apoiará Caixanova para atraer o maior número de visitantes posible á cidade e para incrementar a calidade de vida dos vigueses.
Pola súa banda, o Presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso -quen manifestou o seu desexo de que a cooperación e o entendemento permaneza-, explicou que o texto reflicte a "alianza estratéxica" entre o Concello de Vigo e a entidade.
Descargar todas as imaxes