Escoitar
No marco do Día Mundial da Auga

O alcalde de Vigo e aqualia entregan os premios do Concurso de Debuxo "A agua, o meu mundo e as miñas cores"

O alcalde, Abel Caballero e a Concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas acompañados polo Director Territorial de aqualia José Luís García Ibáñez e o Director UTE Vigo, José María Ardoy, foron os encargados de entregar este luns os premios aos 10 alumnos dos 9 colexios ganadores nas diferentes categorías do concurso.

luns, 23 mar 2009
1237812988aqualia.JPG
O Concello de Vigo e aqualia celebraron hoxe luns a entrega de premios do Concurso Infantil de Debuxo "A auga, o meu mundo e as miñas cores", dirixido a escolares de 3º e 4º curso de Primaria.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero e a Concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas acompañados polo Director Territorial de aqualia José Luís García Ibáñez e o Director UTE Vigo, José María Ardoy, foron os encargados de entregar os premios aos 10 alumnos dos 9 colexios ganadores nas diferentes categorías do concurso.

Máis de 32.000 debuxos
Esta iniciativa, que se estende a todos aqueles municipios nos que aqualia xestiona o ciclo da auga, ten como obxectivo difundir o sentido da responsabilidade con respecto ao seu uso.

En total recibíronse máis de 32.000 debuxos en España e Italia, onde aqualia celebrou por primeira vez este concurso. A convocatoria tivo lugar o pasado 22 de marzo, coincidindo co Día Mundial da Auga, e o prazo de presentación concluíu o 22 de abril, Día da Terra. En Vigo participaron 27 colexios cun total de 851 debuxos.


Os gañadores pertencen aos Colexios Alba, Bouza Brey, Padre Míguez Calasancias, Compañía de Maria e Montesol e aos CEIP García Barbón, Paraixal, Emilia Pardo Bazán e Coutada Beade.

Nova convocatoria
Este ano o lema do concurso é "Auga: tí si que pintas". O prazo de presentación será o comprendido entre o 22 de marzo do 2009 (Día Mundial do Auga) e o 5 de maio do 2009. O nome dos gañadores publicarase na oficina de aqualia a partir do 22 de maio de 2009 (Día Mundial da Biodiversidade).

O Concello de Vigo e aqualia agradecen a todos os nenos participantes a súa creatividade e esforzo e informan de que seguirán desenvolvendo iniciativas como estas que difundan o sentido da responsabilidade, que o conxunto da sociedade debe desenvolver con respecto ao uso da auga, a través dos máis novos.
Descargar todas as imaxes