Escoitar

O goberno municipal destina 100.000 euros a subvencións a entidades sociais e culturais da cidade

A Xunta de Goberno aprobou este venres a convocatoria e as bases para subvencionar con 100.000 euros actos sociais e encontros veciñais organizados por entidades de Vigo, así como as axudas con 48.000 euros dos programas organizados por as asociacións culturais

venres, 25 out 2024

O alcalde anunciou hoxe o acordo da Xunta de Goberno para fixar as bases que rexerán a concesión de axudas económicas a conceder a entidades sociais e veciñais de Vigo para que organicen distintos actos. Dotadas con 100.000 euros, as subvencións abarcarán catro partidas: 30.00 euros para alugar carpas en actuacións; 45.000 euros para as publicacións de libros das asociacións; a organización de competicións deportivas populares dispoñerán de 13.000 euros e as iniciativas destinadas á promoción de valores contarán con 12.000 euros.

Caballero incidiu en que a convocatoria das subvencións súmanse ao apoio prestado ás organizacións para todos os seus gastos de funcionamento, como a electricidade. “Queremos un potente movemento veciñal cívico en Vigo”, asegurou.

Apoio á cultura

Entre os acordos adoptados pola Xunta Local de Goberno tamén se atopa a concesión de subvencións a tres entidades culturais de Vigo por un importe total de 48.000 euros. A Asociación de Música Clásica recibirá 40.000 euros para financiar o VIII Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo. Para a Asociación de Amigos do pintor Colmeiro destínanse 10.000 euros coa finalidade de apoiar a exposición “Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos 30”, que permanece aberta no Museo MARCO. As dúas actuacións da Fundación Sondeseu, incluídas nos concertos de mestres da orquestra, recibrán 8.000 euros. O día 31 de outubro terá lugar o segundo concerto programado, no Auditorio Municipal, con entrada gratuíta.

Descargar todas as imaxes