Balonmán, volei e futvolei praia no arenal de O Vao
Dende o vindeiro martes 20 de xullo e ata primeiros de agosto, a praia de O Vao acollerá os torneos de balonmán, volei e futbolei praia organizados por "eventoglobal" e patrocinados pola concellería de Deportes, entre outros.
Co obxetivo de consolidar tres modalidades deportivas esquecidas tralas redes do deporte rei, representantes da entidade "eventoglobal" presentaron, xunto coa concelleira de Deportes, Lucía Molares, os torneos de balonmán, volei e fulvolei que se levarán a cabo próximamente en Vigo. Así, a praia de O Vao converterase en protagonista do deporte na época estival.
A instalación deportiva denominada "Vigoarea", acollerá do 20 ao 22 de xullo un campionato de Futvolei Praia, para deixar paso do 23 ao 25 ao Cidade de Vigo de Balonmán Prai e ao torneo de Volei que terá lugar do 30 ao 1 de agosto.
O campionato de Futvolei, que se estrea na nosa cidade, prevé contar cun total de 50 parellas participantes, o que supón preto de 100 deportistas maiores de 18 anos.
Pola súa parte, no Cidade de Vigo de Balonmán Praia "Memorial Roberto García Fuentes", que celebra xa a súa séptima edición, participarán uns 600 deportistas procedentes de 60 equipos. Se se cumpren as previsións, o Cidade de Vigo incrementaría en 200 o número de participantes respecto á pasada edición. Ademáis, este campionato de carácter nacional, contará coa presencia do conxunto madrileño que se proclamou campión de España o ano pasado.
Por último, tocaralle o turno á segunda edición do Cidade de Vigo de Volei Praia, que será o encargado de pechar os encontros deportivos que terán lugar no arenal de O Vao no mes de xullo. O torneo albergará a un total de 80 equipos, segundo a organización, 55 máis que o ano pasado, sendo preto de 160 o número de deportistas.
Aos gañadores de cada un destes eventos obsequiaráseslle con lotes de regalos.
Descargar todas as imaxes