Escoitar

Obradoiro sobre xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto "XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE". O curso, dirixido a todas as persoas interesadas, estará impartido pola psicóloga Rosa Faraldo Rivas. O obxectivo do obradoiro é visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.

venres, 1 mar 2013
Contido
 As manifestacións de desigualdade de xénero na vida cotiá.
 O sistema de relación sexo-xénero. A socialización diferenciada.
 A división sexual do traballo.
 A perspectiva de xénero como instrumento de análise e marco de intervención.
 A violencia de xénero.

O desenvolvemento do programa constará de 6 horas en total, distribuídas en 2 sesións de 3 horas de duración cada unha.

Período e horarios: o xoves 14 e o venres 15 de marzo de 18.30 a 21.30 h.
Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20 .
Inscrición previa. Prazas limitadas

As persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h. Máis información: www.igualdadevigo.org. "