Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 29 de xuño de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Samil, único areal de Galicia que terá este verán todos os Campionatos de Galicia de deportes de praia

Samil volve a ser, como ocorre dende hai dez anos, principal referencia do deporte da cidade no verán. Dende este sábado e durante todo o mes de xullo, seis probas deportivas específicas de praia para mayores de 16 anos (o volei praia supero 80 é para +35) e unha exhibición de cachibol para xente mayor (12 e 19 de xullo) tomarán o Vigoarena, a instalación polideportiva que se sitúa no areal vigués nesta época estival e pola que xa pasaron máis de 10.000 deportistas nunha década.






"Vigo é unha referencia do deporte e o noso compromiso é seguir apostando por el", apuntou Manel Fernández, concelleiro de Deportes, durante a presentación no Concello do programa "Verán deportivo", que agrupa as modalidades en disputa.


Volei praia (30 de xuño e 1 de xullo), tenis praia (7 e 8 de xullo), balonmán praia (14 e 15 de xullo), fútbol praia (20 ao 22 de xullo), foot volei (25 de xullo) e volei praia super 80 (25 de xullo) son as modalidades, para as que os equipos pódense inscribir en Decathlon ou na web de Evento Global, a firma organizadora que conta co patrocinio do Concello (www.verandeportivo.com ou www.vigoarena.com).


"Temos un recinto único que aglutina deporte de calidade", dixo Juan Carlos Andrés, responsable da firma organizadora e que asegurou que "Samil é o único areal en Galicia que ten unha proba de cada unha das competicións autonómicas oficiais que se xogan na praia".


Á rolda de prensa acudiron María Troncoso, por Begano (Coca-Cola), e María Sánchez, en representación de Rodosa, xa que estes campionatos teñen tamén apoio privado. "Este evento require esforzo e dedicación e ademais gústanos apoiar ao deporte", subliñaron.


Todos os Campionatos de Galicia en xogo (volei praia, volei super 80, balonmán praia, fútbol praia e tenis praia) son tamén Torneo Cidade de Vigo. O balonmán, ademais, é Memorial Roberto García Fuentes.

Mais noticias
O goberno local regulariza e asume a propiedade de 50 vivendas en Rosalía de Castro
Caballero apunta que o Festival Aéreo de Vigo é o "acto lúdico que congrega máis xente de toda Galicia"
O alcalde avanza a construcción dun "gran corredor verde entre Coia e Samil"
Manel Fernández subliña que a Ría abre a tempada de traiñeiras coa Bandeira Concello de Vigo 
O Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons pecha a oitava edición cos concertos de Joachim Kühn Trio e a Orquesta Voland
Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao
CONVOCATORIA PARA O ANO 2012 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS"
CONVOCATORIA PARA O ANO 2012 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN"
Bases de solicitudes de actuacións para o XVIII Festival Folclórico Internacional


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003